30 septiembre 2009

Nova web do Tempo en Galiza

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Dende o día de hoxe pódese consultar a nova páxina web de MeteoGalicia, que incorpora importantes novidades co obxectivo de mellorar a súa navegabilidade e ofrecer aos usuarios mais información, novas ferramentas e servizos e unha distribución dos mesmos mais personalizada, xa que o internauta poderá organizar a páxina de inicio segundo as súas preferencias

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou esta mañá o novo portal, nunha visita á sede central do organismo na que aproveitou para coñecer de preto as instalacións e saudar aos profesionais que traballan na axencia galega de meteoroloxía.

A páxina web de MeteoGalicia recibe un promedio de 380.000 visitas diarias, alcanzando a cifra de 92 millóns de páxinas vistas nos primeiros 8 meses do 2009. No mes de agosto superouse o millón de usuarios diferentes que visitaron a páxina web no ano 2009. Segundo o ranking de www.alexa.com, MeteoGalicia está entre as 10 web mais visitadas de Galicia e entre as 1.000 mais consultadas de España.