29 septiembre 2009

BNG pide en el Parlamento el nuevo hospital público para Vigo y el fin del "modelo Povisa"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- As deputadas do BNG no
Parlamento Galego, Carme Adán, Ana Luisa Bouza, e o deputado Henrique
Viéitez, reiteran a esixencia á Xunta de Galiza de que o novo hospital de Vigo
“sexa público, sen redución no número de camas previsto e que poña fin ao
concerto singular con POVISA”.
Os deputados do BNG consideran que “coa sanidade pública non se debe facer
negocio, e polo tanto na sanidade pública galega non se lle debe dar entrada
ao financiamento privado”.
Neste sentido, as parlamentarias nacionalistas teñen rexistrada unha iniciativa
no Parlamento Galego na que lle demandan á Consellaría de Sanidade que
defina se o financiamento do novo hospital de Vigo vai ser con diñeiro público e
que aclare se asume o comprimo de que teña 1.440 camas, tal e como se
contempla na plano de infraestruturas sanitarias actualmente en vigor.
As deputadas do BNG critican a “indefinición” do Goberno do PP a este
respeito.
“A Consellaría de Sanidade ten que aclarar se quere seguir co modelo
de POVISA”
Ademais, as parlamentarias do BNG demándanlle ao Goberno de Feijóo se
“mantén o compromiso do acordo pola sanidade pública -asinado polo Goberno
Bipartito- de 2006 respeito á non continuidade do convenio singular con
POVISA no momento en que sexa posíbel adscribir a esta poboación a un
hospital público”.
Por último, pédenlle á Consellaría de Sanidade que aclare cómo se
compromete a axilizar o proceso de expropiación dos terreos -tal e como
consta nunha resposta do Goberno da Xunta ao BNG- sen coñecer os
resultados do estudo realizado polo grupo de avaliación sobre o proxecto
concreto de hospital de 1.440 camas que aparece no plano de infraestruturas
sanitarias actualmente en vigor e que puxo en marcha a anterior Consellaría
de Sanidade.