25 septiembre 2009

Concierto este domingo en la A.V. de San Miguel de Oia (Vigo)

A A.V. de S. Miguel de Oia (Vigo) convida a toda a cidadanía ao concerto do

“Orfeón Cantorum e
Agrupación Musical de Belesar”

Domingo 27 de setembro ás 18.30 horas no auditorio da A.V. de San Miguel de Oia (camiño currás nº34). Entrada de valde e ata completar o aforo

Logo dos éxitos colleitados este verán nos concertos de Baiona e Gondomar, a asociación veciñal de San Miguel de Oia acollerá este domingo un dos 4 espectáculos que esta formación ofrecerá no sur de Galicia.

Orfeón Cantorum é unha agrupación de recente creación que logo de varios meses de duro traballo, dirixido por Javier Dominguez Millán, logrou dar un corpo común a 130 voces procedentes das corais de Belesar, Baredo, Donas e San Miguel de Oia, acompañados pola instrumentación da Agrupación Musical de Belesar para dar conta dun repertorio variado no que non faltan as zarzuelas e habaneras.

Desde a asociación veciñal convidamos a toda a cidadanía a gozar deste concerto e lembramos que a entrada é gratuíta e ata completar o aforo do auditorio.