26 septiembre 2009

Deputación ayudará a la creación de un transporte transfronterizo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Municipios Vale do Miño veñen de aprobar un concurso para contratar a elaboración dun Plan de Transportes Transfronteirizo. Esta acción enmárcase no Proxecto Coop-Minho.

O Consello Directivo da Unimiño – Asociación do Val do Miño Transfronteirizo, no que actualmente ostenta a vicepresidencia o titular da Deputación, Rafael Louzán reuniuse o día 16 deste mes en Vila Nova de Cerveira, para deliberar entre outros asuntos a apertura do concurso para a contratación de servizos destinados a elaborar un “Plano de Transportes Transfronteirizo (Mobitrans)”.

Potenciación da mobilidade transfronteiriza

O obxectivo deste proxecto é promover a mellora substancial da calidade do transporte e a mobilidade actual dos habitantes dos municipios comprendidos dentro da área de influencia da entidade transfronteiriza Unimiño, concretamente os 5 municipios do territorio do Val do Miño: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença, Vila Nova de Cerveira. Incluise tamén o concello de Caminha pola súa importante vinculación e integración na área, non só debido á súa localización e poboación, senón tamén por estar ligado ao sur da provincia.

Do lado español abarca aos 16 concellos da provincia de Pontevedra, que engloba as áreas fronteirizas do Baixo Miño, Condado-Paradanta e os concellos de Salceda e Porriño.

Débese destacar tamén que con este plano, que consiste na compilación de datos e na realización de estudos e informes, preténdese determinar a viabilidade técnica, económica e legal da implantación dun sistema de transporte público que comunique a ambos países.

O Diario da República de Portugal publicou no día de onte o anuncio correspondente, e o resto da información así como na páxina web da entidade e o "Caderno de Encargos" (prego técnico) e o "Programa de Concurso" con todas as especificacións pode ser consultada na páxina web www.uniminho.eu (versión portuguesa) onde calquera empresa ou profesional interesado poderá consultala.