30 septiembre 2009

Deputación potencia los programas "coñece a túa provincia"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Deputación de Pontevedra inicia mañá a segunda edición do programa no que o ano pasado participaron 8.251 personas e 225 asociacións. A edición deste ano presenta como novidades a creación de catro rutas que teñen como eixe Cambados, Baiona, Lalín e Pontevedra.

A denominada Ruta das Adegas inclúe a visita ó conxunto histórico-artístico de Cambados, ó Museo do Viño, ós Muiños de Barrantes e a Ruta da Armenteira e a unha adega os participantes xantarán.

A denominada Ruta Mouriscade prevé unha visita ó Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade (Lalín), ó Laboratorio e á finca de Mouriscade que a Deputación tén en Lalín, unha visita guiada pola vila de Lalín e por algunha das empresas textís radicadas no concello.

O terceiro itinerario, a denominada Ruta Carabela, recolle unha visita guiada ó conxunto histórico-artístico de Baiona, á Carabela Pinta, á Fortaleza de Monterreal e á Virxe da Roca.

Finalmente, a Ruta Patronato inclúe unha visita ás dependencias da Deputación de Pontevedra no Pazo Provincial, ó Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, ó Pazo de Lourizán, ó Castelo de Soutomaior e ó Museo de Pontevedra.

Fins e datos de 2009

O programa pretende achegar a Deputación e a provincia á cidadanía e fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos. Tamén contribuír ó enriquecemento cultural a través de visitas guiadas a centros, lugares e puntos de interés da provincia.

No presente ano, o programa foi utilizado, na campaña de primavera, por 5.900 personas e 160 asociacións e, na campaña de outono, están inscritos nel 6.900 personas de 181 asociacións.

está dirixido a tódalas asociacións da provincia (de maiores, mulleres, xoves, etc...). A Deputación destina 60.000 euros a este programa. O custo por praza ascende a 28 euros (15 achegados pola Deputación e 13 polos usuarios).

Os participantes son transportados en autobus dende os puntos de saida, teñen guías informativos perante todo o percorrido, contan cun seguro de viaxe e participan nunha comida cun menú que inclúe dous pratos, postre, bebidas e café.