25 septiembre 2009

Medalla al Mérito para Louzán
















________________________________________

Rubalcaba reconoce la labor social
de la Deputación de Pontevedra


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu de mans do Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, a Medalla de Prata ó Mérito Social Penitenciario pola contribución da Deputación a esta labor. O acto presidido, presidido polo Ministro do Interior e a secretaria xeral de Institucións Penitenciarias, Mercedes Gallizo, tivo lugar hoxe no Círculo de Belas Artes de Madrid, coincidindo coa celebración da Merced.
Estas medallas concédense a funcionarios que teñen destacado polo seu traballo e a persoas, entidades e institucións de fora deste ámbito que colaboran coa administración penitenciaria. Este ano recibiron o galardón, ademais da Deputación de Pontevedra, o Departamento de Xustiza e Interior de Aragón e o periodista de EFE e Onda Cero, Juan De Sola Vollbrecht.
Compre recordar que a Deputación Provincial de Pontevedra mantén unha estreita colaboración Institucións Penitenciarias, complementando a formación e favorecendo os hábitos e actitudes de integración dos internos o penal de A Lama e do Centro de Inserción Social en Vigo.
Así mesmo, a Deputación de Pontevedra foi a primeira entidade provincial galega en colaborar con Institucións Penitenciarias materialización das condenas de traballos en beneficio da comunidade.
No apartado de formación, a Deputación colabora no módulo de Cantería a través dos profesionais da Escola de Canteiros que se desprazan ata a penitenciaría para ampliar os coñecementos dos internos. Ó mesmo tempo a institución provincial colabora na edición trimestral dunha revista, na dotación de libros para a biblioteca. Tamén colabora co centro no eido deportivo, cultural e social.
Traballos en beneficio da comunidade
Un total de 16 persoas, algúns con causas acumuladas de duración superior ó ano, desenvolven traballos en beneficio da comunidade en materia de limpeza, mantemento de edificios e acondicionamento de zonas verdes e axardinadas da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, traballo administrativo, de subalternos, e de mantemento e xardinería no Pazo Provincial.
Por outra banda, e a través do seu servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, a Deputación de Pontevedra ten feito entrega no último ano dun lote de máis de 300 títulos. En anos anteriores editou unha revista escrita polos internos. Así mesmo, leváronse a cabo distintas actuacións no centro, a máis recente, a da agrupación folclórica Celme, o pasado 17 de maio.
No eido deportivo a Deputación contratou un monitor de actividades deportivas para o adestramento físico e a mellora do estado de saúde dos internos, e ademais entrega puntualmente medallas e trofeos para os distintos campionatos deportivos que organizan.
Piso de acollida
En canto ó apartado social, o organismo provincial colabora desde o ano 2007 a través da oficina da Diócese de Tui-Vigo. A través desta subvención, a Deputación axuda tanto ós reclusos coma as súas familias no sufraxio dos gastos orixinados no piso de acollida, onde os internos residen cando saen de permiso penitenciario. En 2007, concedéronse 4.000 euros, mentres que en 2008 e 2009 entregáronse 2.000 euros respectivamente.
A través das axudas dos servizos sociais especializados, a Deputación fixo entrega de 1.800 euros á Asociación de Axuda ós Toxicómanos “Érguete”, para a posta en marcha dun proxecto de integración socio-laboral con internos do centro de inserción social de Vigo, dependente da Prisión de A Lama.
Ademais, no mes de abril, a raíz do convenio asinado o 12 de marzo, entre a Deputación e o Ministerio de Interior, coordinouse a acción formativa a impartir dentro do Centro por parte dunha cooperativa de traballo social.