30 septiembre 2009

Presupuestos del Estado : el PPdeG se inquieta

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O deputado popular e coordinador dos parlamentarios galegos no Congreso, Celso Delgado, valora negativamente os Presupostos Xerais de 2010 que se asignan a Galicia posto que supoñen unha rebaixa da inversión na nosa comunidade con respecto aos Presupostos deste ano e ademais aumentan as cargas fiscais aos galegos.

Delgado lamentou profundamente que a asignación de fondos para investir na nosa comunidade no ano 2010 non medren nin se manteñan iguais aos deste ano, senón que se reducen de 2.145 milóns a 2.004.

Por iso, os deputados populares galegos no Congreso calificáronos de “malos para os galegos”, e, especialmente para os que menos teñen, posto que, aparte de ser máis reducidos, tamén aumentan as cargas fiscais sobre o consumo, o que implica que os cidadáns terán que aboar como mínimo 600 euros anuais en concepto de impostos.

Así mesmo, Delgado critica que a cantidade asignada a Galicia non compense aos galegos pola inexecución á que o Goberno central a someteu desde que Zapatero é presidente, é dicir, desde os últimos cinco anos, e que ascende a case 4.000 millóns de euros que poderían ter desbloqueado moitos proxectos clave para o desenvolvemento de Galicia. O popular engadiu que encima aínda hai que pensar que parte do diñeiro que se asignou este ano correrá a mesma sorte se continúa a dinámica dos últimos anos e quedará novamente sen gastarse.

Para Delgado, é o colmo que Zapatero lles volva a fallar aos galegos castigándoos con outra mala noticia en menos de catro meses. Trátase doutro varapao que se lle suma ao da deficiente financiación autonómica que Galicia recibirá do Estado e á débeda de 1.900 millóns que agora o Goberno central lle reclama aos galegos por culpa da falta de previsión e de atino do equipo de Zapatero nas estimacións presupostarias pasadas.

Galicia volve a saír perdendo cando é unha das comunidades autónomas que máis necesita dos fondos do Estado. A estas alturas, Delgado só agarda que a insufiente asignación de fondos para Galicia para o vindeiro ano se execute íntegramente e non se desvíen eses fondos a financiar infraestruturas en comunidades que non o necesitan só por ser da mesma cor política que o Goberno central.

Os deputados galegos no PPdeG no Congreso pedirán explicacións ao Goberno sobre o contido e alcance de cada unha das partidas presupostarias, no trámite de comparecencias que iniciaranse próximamente, para traballar próximamente na redacción e presentación de enmendas.