25 septiembre 2009

Oia : quieren recuperar para uso público la estación del tranvía

A A.V. de San Miguel de Oia convoca á cidadanía concentrarse

Pola conservación e recuperación da estación de tranvía para uso público

O sábado 26 de setembro ás 17.00 horas na antigua estación de tranvía de S. Miguel de Oia, terá lugar a primeira concentración para pedir que o inmueble non se destrúa e sexa destinado a dar servizo á veciñanza. A A.V. tamén iniciará unha campaña de recollida de sinaturas de apoio á recuperación dunha construción emblemática para a parroquia.

A asociación veciñal considera que sería un auténtico atentado contra a historia da parroquia eliminar un elemento singular e de importante valor histórico como a antigua estación do tranvía que cubría a ruta Vigo – Baiona.

A recuperación e utilización do inmueble como equipamento ao servizo da veciñanza é unha antigua demanda na parroquia e desde fai anos existe a promesa de que así ía facerse polo que as novas recentes que apuntan á construción dunha urbanización supoñen un auténtico despropósito para a veciñanza.

A proposta para o local é que sexa destinado ao uso público, de tal xeito que sirva para dar servizo á veciñanza. Tamén tense posto riba da mesa a idea de que na contorna se constrúa un parque infantil xa que os espazos de xogo para os nenos son prácticamente inexistentes en toda a zona.

É por todo que a asociación veciñal levará a cabo unha campaña reivindicativa para que se cumpla a promesa de recuperar a estación, unha campaña que comezará coa convocatoria de concentracións e recollida de sinaturas e cuxa difusión agradecemos por adiantado a todos os medios de comunicación.