29 septiembre 2009

Pintura : Antonio Camiña expone en el Palacete das Mendoza

Pontevedra (MORRAZO-TRIBUNA).- O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, acolle dende hoxe e ata o 12 de outubro, unha mostra pictórica do artista Antonio Camiña. A mostra será inaugurada esta tarde, ás 20.00, nun acto que estará presidido polo vicepresidente da Deputación, José Juan Durán.

A exposición está integrada por 15 obras de óleo sobre lenzo que foron creadas entre 2008 e 2009. A temática é moi variada, creativa e suxerinte. Antonio Camiña, ten un estilo propio e sorprendente. A súa obra é moi creativa. Gusta da experimentación e da práctica da plástica á que non lle pon límites. O autor interésase pola cor, a forma e a expresión. Escapa dos estereotipos o que lle conduce a investigar todos os movementos da arte.

Obras súas están espalladas por España, Europa, América, coleccións particulares e privadas en toda a xeografía mundial. As súas exposicións son sempre un acontecemento e interesan tanto a museos como a particulares.

Antonio Camiña Vázquez, é natural de Lugo (1942). A vocación pola pintura, venlle dada dende os cinco anos, que é cando comeza a poñer en práctica, os seus coñecementos pictóricos.