30 septiembre 2009

Ultima valoración de la Xunta sobre el asunto de ayudas para los libros de texto

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Máis de 35.000 alumnos e alumnas galegos xa se beneficiaron do sistema de axudas para a compra de libros de texto a través do programa establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, “Gratuidade Solidaria”.

O sistema de bolsas de axudas para a compra de libros e material escolar comezou a pagarse a pasada semana e desde entón as familias xa teñen o diñeiro nas súas contas ou está no proceso de transferencia entre unha entidade e outra. En total xa foron aprobadas partidas por mais de cinco millóns de euros.

Por provincias

Na provincia de A Coruña 12.236 alumnos e alumnas recibiron achegas cun importe total de 1.873.968 euros, mentres que en Lugo repartíronse 750.636 euros entre os 4.794 estudantes beneficiados. Por outra banda en Ourense foron 671.414 euros os que se achegaron a 4.334 nenos, e en Pontevedra 13.620 terán libros de texto gratis ou subvencionados por valor de 2.099.836 euros. A cifra total das ordes de pago efectuadas dende mediados do mes de setembro e de 5.395.854 euros.

A conta verase incrementada non vindeiros días, xa que hoxe remataba o prazo para que os pais e nais entregaran as solicitudes nos centros escolares. Pero naqueles casos nos que os directores dos centros non puideron cubrir os formularios terán quince días para facelo dende o centro. Durante todo este tempo a Consellería de Educación continuará a executar as ordes de pago que vaian chegando.

Dende a Consellería recordase que co sistema “Gratuidade Solidaria” as familias beneficiadas terán por primeira vez os libros de texto e material escolar completamente de balde, e sen un préstamo encuberto, coma sucedía ata agora. Neste primeiro ano do novo modelo beneficianse deste sistema o 70% dos escolares galegos de primeiro, segundo, quinto e sexto curso de Primaria, e a todos os estudantes de Educación Especial. No resto dos niveis seguirá a utilizarse o sistema de préstamo de anos anteriores.

A Xunta de Galicia apostou por implantar este modelo de gratuidade que xa funciona noutras comunidades autónomas –con gobernos de distinto signo político-, pero ademais estableceu as achegas mellor dotadas de cantas ofrecen as diversas autonomías.