29 septiembre 2009

La Xunta aporta 30.000 euros a la Mostra de Teatro de Cangas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, reuniuse hoxe na Consellería coa alcaldesa do concello de Cangas, Clara Millán González para asinar o convenio de cooperación cultural entre Xunta de Galicia e concello no marco da XXVI Mostra de Teatro de Cangas. O acordo asinado contempla a cesión por parte da Consellería de Cultura e Turismo de 30.000 euros ao concello de Cangas en materia de creación, promoción e colaboración cultural na realización da Mostra de Teatro.

Roberto Varela afirmou ao rematar a sinatura do convenio que “a escena galega é de gran calidade e está moi ben situada, pero doutra banda, penso que necesita axuda por parte das institucións públicas porque é unha materia, que precisamente polo seu contido, por si sola non se pode manter”. “Os actores galegos e o mundo da escena en Galicia meréceno e vamos a seguir apoiando”, engadiu. Asemade, afirmou que a Mostra de Teatro de Cangas conta cun “compoñente internacional e de autoestima moi importante”.

De cara o futuro, o conselleiro de Cultura e Turismo, afirmou que os festivais de Cangas ou o de Ribadavia “van seguir tendo o noso apoio porque son festivais de referencia e teñen un dos elementos que máis valoramos, que é a internacionalización da cultura galega”

Convenio de cooperación
A Consellería de Cultura e Turismo, no seu apoio a industria cultural, desenvolve unha serie de actuacións encamiñadas á divulgación, información e promoción da cultura para achegar o máis posible o patrimonio cultural galego á sociedade. Co apoio á XXVI Mostra de Teatro, único certame da comunidade dedicado ás artes escénicas na súa versión cómica e festiva, a Consellería a promoción, difusión e proxección deste patrimonio cultural galego co desenvolvemento de actividades culturais e de fomento da cultura en lingua galega utilizando o idioma galego como canle de comunicación social.

En troques da prestación económica, o concello de Cangas, debe facer constar en toda a publicidade que xeren estas actividades, tanto impresa como audiovisual, a colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, utilizando a imaxe corporativa da Xunta de Galicia, así como a prestar colaboración e facilitar canta información lle sexa requirida. Devandito convenio terá vixencia ata o 30 de novembro de 2009.