25 septiembre 2009

Davila lleva al Parlamento el caso del atún y los aranceles comunitarios

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para coñecer se o Goberno español protestou ante a UE polo acordo de partenariado con Papúa Nueva Guinea que establece a exención de aranceis para as conservas de atún procedentes de Papúa.

“Qué posición mantivo o Goberno español fronte a este acordo? Parécello xusto para o sector conserveiro galego que é o primeiro de Europa? Non cre que introduce agravios comparativos?”, son algunhas das pregunas que a deputada do BNG formula ao Goberno.

Prexudica ao sector conserveiro galego, o primeiro de Europa

Para a deputada do BNG este acordo introduce elementos de desigualdade xa que acordos deste tipo poden pór en perigo a viabilidade futura do noso sector conserveiro. Lembra que Galiza é a primeira produtora de conservas da UE, e a terceira do mundo. Este acordo, sinala, preocupa ao noso sector conserveiro xa que pode levar á perda de emprego no territorio galego, onde se ubican unhas 67 firmas que aportan 12.000 traballos. Galiza produce o 80% da producción de conservas do Estado.

Ademáis, indica, o atún procedentes de paises asiáticos xa se vende a un 30% máis barato no mercado europeo.

Peder explicacións a Durao Barroso

Outra das cuestións que a deputada do BNG pón enriba da mesa é a resposta do Presidente da Comisión Europea, Durao Barroso, a Anfaco que se dirixira a el para protestar polo acordo acadado con Papúa. Unha resposta que indignou ao sector conserveiro galego xa que viña a dicer que se “crean novas oportunidades para o investimento na industria local (en Papúa)”, o cal foi interpretado como un convite a deslocalizarse e ubicar as súas empresas en Papúa.

“Que lle parece ao Goberno a resposta de Durao Barroso a Anfaco polas súas queixas polo acordo de partenariado? Cre que é propio dun alto responsábel da UE animar a investir en Papúa coa conseguinte deslocalización das empresas situadas no territorio galego? Non considera que se trata dunha actitude irresponsábel?”, son algunhas das cuestións que a deputada do BNG dirixe ao Goberno.

Finalmente, quer saber se prevé dirixirse ao Presidente da Comisión Europea pola súa resposta ao noso sector conserveiro.