VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, visitou esta mañá a carpa sobre novas tecnoloxías instalada pola Secretaría Xeral de Comunicación e Retegal S.A. na Alameda de Santiago. Na súa intervención destacou que en Galicia “imos por diante na implantación da TDT” e avanzou que 60 concellos da comunidade realizaron o encendido dixital neste mes de decembro. Isto débese, tal e como salientou, ao compromiso da administración galega, ao esforzo das empresas galegas e o operador público de telecomunicacións Retegal S.A.
Con esta iniciativa ponse punto e final á campaña divulgativa sobre a TDT que durante os pasados meses percorreu os concellos galegos nos que primeiro se vai levar a cabo o encendido dixital, previsto para este mes de decembro. O comezo das emisións en dixital beneficia a 16 concellos de Ourense Este, 39 da demarcación de Santiago e 5 de Pontevedra. “Agora só resta que a cidadanía se adapte e vaia por diante na implantación da nova tecnoloxía nos seus fogares”, destacou o director xeral.
Con esta iniciativa ponse punto e final á campaña divulgativa sobre a TDT que durante os pasados meses percorreu os concellos galegos nos que primeiro se vai levar a cabo o encendido dixital, previsto para este mes de decembro. O comezo das emisións en dixital beneficia a 16 concellos de Ourense Este, 39 da demarcación de Santiago e 5 de Pontevedra. “Agora só resta que a cidadanía se adapte e vaia por diante na implantación da nova tecnoloxía nos seus fogares”, destacou o director xeral.
Na súa intervención, explicou que a TDT é unha tecnoloxía de substitución, “polo que cómpre ir adaptándose para a súa recepción canto antes”. As televisión analóxicas, explicou, irán desaparecendo de forma progresiva ata o 30 de abril de 2010. Fernández Iglesias explicou que, en ningún caso, se producirá o cesamento das emisións analóxicas naquelas zonas onde non haxa cobertura TDT equivalente.
Así, o plan de actuación para o apagado das demarcacións de Ourense Este e Santiago pretende ter rematado o despregamento, como mínimo, 6 meses antes da data de apagado prevista. Así, para ambas as zonas, o despregamento rematará o 31 de decembro de 2008 superando o 98,5% de cobertura poboacional para o múltiplex autonómico. O múltiplex autonómico entrará en servizo 6 meses antes das datas fixadas para as fases definidas polos Ministerio para o proceso de apagado analóxico en Galicia nas demarcacións de Ourense Este e Santiago. En canto aos demais múltiplex, para ambas as demarcacións, estarán dispoñibles 3 meses antes do apagón, en xuño de 2009.
Instalacións
A iniciativa pecha así a campaña informativa iniciada o pasado mes de novembro coa que se pretendía achegar a TDT aos concellos galegos que antes realizarán o apagón analóxico. A carpa estará instalada na Alameda compostelá ata o próximo martes 30 de decembro con horario de 12 a 14 horas e de 16,30 a 19,30 horas.
O proxecto, que se pretende visite outros concellos galegos, ten como obxectivo achegar e difundir dun xeito fácil e ameno as novas tecnoloxías a todos os cidadáns. A carpa conta con diferentes espazos para que todos poidan aprender sobre as novas tecnoloxías, desde os máis novos aos maiores.
Tecno-diversión
É a primeira parte da carpa, destinada aos máis novos. A través dunha plataforma composta de xogos interactivos e programas didácticos preténdese introducir aos novos internautas nun mundo descoñecido para eles. O que se busca con este apartado é que o neno aprenda e disfrute integrando o PC como soporte de aprendizaxe.
A segunda parte da carpa sobre novas tecnoloxías pretende dar resposta a todas as preguntas que os cidadáns se fan sobre a transición da televisión analóxica á dixital. Así, recibirán información sobre qué é a TDT, se están ou non preparados ou cando se fará o apagón nas súas zonas. A través das novas tecnoloxías instaladas na carpa, os cidadáns poderán comprobar as vantaxes que ofrece a nova tecnoloxía.
Realidade virtual
Entre os contidos que atopamos na carpa, un dos máis modernos é o referido á realidade virtual. Nel, a través de tecnopantallas e sistemas esteroscópicos os usuarios poderán introducirse no mundo virtual, no 3D.
Imos por diante
Baixo o lema Imos por diante, desde o Goberno galego e o operador público de telecomunicacións preténdese explicar a todos os cidadáns cómo recibir a TDT nas súas vivendas, así como o anticipo que está a desenvolver o Executivo autonómico no referente ao encendido dixital. No mes de decembro Galicia acadará o 98,5% da cobertura poboacional de TDT para as emisións autonómicas. Galicia adiántase así en 6 meses con respecto aos plans do Ministerio que fixan o mes de xuño de 2009 para levar a cabo o apagamento dixital nas zonas de Santiago de Ourense Este.
Con este fin desenvolvéronse seis charlas coloquio sobre o encendido dixital. Tratouse dunha campaña divulgativa de proximidade sobre a incidencia e consecuencias do encendido dixital e as previsións do apagamento en xullo 2009. Así, trasladouse toda a información sobre a TDT aos concellos de Melide (A Coruña), Silleda (Pontevedra), Vedra (A Coruña), Noia (A Coruña), Muxía (A Coruña) e Verín (Ourense). Os concellos foron elixidos atendendo a dúas razóns; dunha banda, correspóndese coas demarcacións nas que primeiro se levará a cabo o encendido dixital. Por outro lado, elixíronse estes concellos por ser centros poboacionais importantes e que, á súa vez, se atopan preto de todas aquelas outras zonas nas que se producirá a transición á TDT nos próximos meses.