22 diciembre 2008

Entrega de Premios do IX Certame de Beléns, no Concello de Cangas

CANGAS (MORRAZO-tribuna).- Este martes, 23 de decembro, farese entrega dos diplomas e premios do IX Certame de Beléns que promove o Concello de Cangas, nas súas dúas categorías: beléns en dimensións reducidas e en domicilio particular.
Este ano desde o Concello queren agradecer especialmente a xente que sigue mantendo o costume de facer os beléns nos seus domicilios, otorgándolles un premio a todos eles. Este acto terá lugar as 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello cangués.