18 diciembre 2008

Palmou dice que el panorama de los juzgados gallegos es desolador "por la dejadez absoluta del bipartito"l

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- • Palmou atribúe a situación dos xulgados galegos, próximos ao colapso, á “absoluta deixadez” do bipartito, que prefiere alabar ao ministro antes de reclamar que se atendan as necesidades de Galicia. Todos os indicadores sitúan á xustiza galega á cola de España: ocupa o segundo peor indicador en materia de pendencia e o número de asuntos pendentes nos diferentes xulgados e tribunais incrementouse nun 27,1% nos tres últimos anos. O bipartito rexeitou a oferta de pacto pola Xustiza formulada por Feijóo, sen adoptar medida algunha para mellorar a situación, asegura o ex conselleiro Xesús Palmou.

Cunha media de 7,04 meses, os xulgados galegos teñen o tempo de resposta máis elevado de España, segundo certifica un recente informe do Consello Xeral do Poder Xudicial exhibido hoxe polo deputado popular Jesús Palmou no Parlamento, ao formular unha interpelación na que lle reclamou á Xunta que explique as razóns do colapso no que está sumida a Xustiza en Galicia.

Palmou Lorenzo insistiu en que Galicia presenta o peor indicador en tempo medio de resolución de asuntos xudiciais, seguida por Cataluña, cun tempo medio de resposta de 6,44 meses. Sen embargo, non é este o único dato negativo do informe do CGPJ, que tamén revela que Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con peor pendencia (concepto que relaciona os asuntos pendentes cos resoltos ao final dun período).

Galicia presenta unha pendencia do 0,35, só supera en España por Castela-A Mancha, cun 0,36. “Tampouco isto tiña acontecido nunca antes en Galicia”, afirmou Palmou, que lle reprochou ao bipartito a dubidosa “honra de levar á Xustiza de Galicia ao último posto de todas as Comunidades Autónomas”. “Mentres, vostede mira para outro lado e move o botafumeiro cara o ministro de Xustiza”, afirmou Palmou dirixíndose ao conselleiro da Presidencia.

Palmou recordou tamén que o PPdeG leva meses advertindo que, de non poñer remedio, o caos xudicial iría a máis contra o final deste ano, como ten sucedido, agravando a situación dos 145.000 casos pendentes de resolver e as 13,000 sentenzas aínda sen executar.

Entre os exemplos apuntados, o deputado popular referiuse á situación dos xulgados encargados de violencia de xénero en cidades como Ourense, Lugo, Pontevedra, Santiago ou Ferrol, que duplicaron o número de asuntos pendentes durante o ano 2007.

OFERTA DE PACTO REXEITADA

Neste escenario, en maio pasado, o presidente do PPdeG ofreceu ao titular da Xunta unha oferta de pacto "para superar a situación caótica da Xustiza, pero topouse coa prepotencia e a soberbia do bipartito, que rexeitou a proposta mentres permanecía de brazos cruzados a ver que pasaba”.

A última memoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volveu poñer de manifesto a precariedade dos medios da Xustiza e reclamaba a urxente creación de 32 novas unidades xudiciais e cinco novos xulgados de violencia de xénero. A Xunta respondeu a esta demanda acordando co Ministerio de Xustiza a creación de só 9 novas unidades xudiciais e 2 xulgados, menos da terceira parte dos considerados innecesarios.

Paralelamente, o informe anual do Valedor do Pobo volveu incidir nas carencias da Xustiza, poñendo de manifesto que entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2007 o incremento medio de asuntos pendentes en todas as xurisdicións se situou nun 27,1%. Nesas mesmas datas, a Fiscalía do TSXG volvía denunciar a deixadez da Consellería da Presidencia e insistía en reclamar un incremento dos medios humanos e materiais.

para o PP, "A indolencia da Xunta é de tal calibre que en dou anos non foi capaz de poñer en funcionamento o sistema de videoconferencia nos xulgados, malia que permitiría evitar infinidade de desprazamentos, ao tempo que permitiría aforros de tempo e de diñeiro, axilizando os procedemento e sen custe adicional de ningún tipo".