VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-A deputada do BNG na Cámara Baixa, Olalla Fernández Davila, ven de presentar unha iniciativa na que lle esixe a AENA que acometa a mellora a ampliación da pista do aeroporto de Peinador.
Davila lembra que, segundo as informacións aportadas polos propios pilotos, o aeroporto de Vigo presenta importantes insuficiencias, como a existencia de elevacións ao redor de Peinador, que condicionan as manobras e dar lugar a frecuentes turbulencias; a presenza de pendentes na pista, mesmo de signo contrario, ou a ausencia dunha rúa de rodaxe paralela á pista.

Neste sentido, a deputada nacionalista lembra que xa na anterior lexislatura o BNG presentou unha iniciativa no Congreso relativa ás actuacións pendentes do Plano Director do Aeroporto, entre as que se atopaba a necesaria ampliación da pista, sen que o Goberno aportase ningunha información ao respecto na súa contestación.
Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalla a AENA sobre as actuación previstas para mellorar a pista de Peinador, concretando prazos de inicio e remate das obras.
Ademais, e entre outras cuestións, Olalla Fernández Davila pregúntalle ao Goberno se comparte as demandas dos pilotos, que reclaman a construción dunha rúa de rodaxe paralela á pista e a corrección das pendentes na devandita pista.