VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a ponte de Nadal a un total de 144 persoas debido a 109 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do mércores, 24 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo, 28 de decembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o venres con 43 accidentes. A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 132 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 109 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 144 persoas.
A proporción de homes atendida foi do 59 por cento e a de mulleres do 41 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 33 por cento dos atendidos ten entre os 20 e os 29 anos.
Por provincias foi a de A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 48 sinistros durante os desprazamentos destas datas.