VIGO (MORRAZO-tribuna).- A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, e o director do Museo do Mar, Pablo Carrera, visitaron esta mañá o Centro Arqueolóxico do Areal, que alberga unha salina romana datada nos séculos I e III, e no que o departamento investiu 1.400.000 euros para a súa posta en valor e proxecto museístico.
A conselleira e o director xeral percorreron os 300 metros cadrados deste xacemento, e avanzaron que o mesmo poderán facer en breve os visitantes, xa que anunciaron a apertura ao público do complexo para xaneiro de 2009.
Este xacemento constitúe un exemplar único, primeiro por tratarse dunha das salinas de evaporación solar máis antigas que se conservan da época romana, e segundo polo seu emprazamento e posta en valor excepcional, dentro dun edificio destinado a servizos sanitarios.
O xacemento saíu á luz durante as obras de construción do Centro de Saúde da rúa Rosalía de Castro, entre 1998/99, o que levou consigo a continuidade dos traballos arqueolóxicos que foron poñendo de manifesto a relevancia dos restos así como o seu bo estado de conservación.
Debido ao seu elevado valor patrimonial, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural decidiu conservar "in situ" os restos, modificar o proxecto construtivo do ambulatorio, e poñer en valor as salinas, creando un centro de interpretación no soto do propio edificio onde se sitúa o centro de saúde.