COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A voceira de Traballo do Grupo Popular, Beatriz Mato Otero, preguntou hoxe no Parlamento ao conselleiro do ramo onde están os 30.000 novos postos de traballo prometidos hai un ano pola Xunta, mentres que a crúa realidade pon de manifesto que nos últimos anos Galicia perdeu 30.00 afiliados á Seguridade Social. No pasado mes de novembro foron ao paro cada día 413 galegos. Os datos contradín as promesas oficiais e revelan que no pasado mes o paro aumentou en 12.397 persoas en Galicia, sumando 28.092 desempregados máis que en novembro de 2007.
No debate das emendas correspondentes aos Orzamentos de Consellería de Traballo para 2009, a deputada popular afirmou que o discurso trunfalista mantido polo presidente da Xunta ata hai ben pouco tempo contrasta coa crúa realidade: Galicia destrúe emprego e xera paro a maior ritmo ca no conxunto de España onde, á súa vez, medra moito máis cas nos restantes países desenvolvidos.
Neste contexto, Mato Otero apuntou que os únicos que non se deron por advertiros da chegada da crise foron os integrantes dos Gobernos galego e central. “Dubido se estamos ante un problema de ignorancia ou de engano”, agregou.
A indolencia do Goberno e a crueza da crise farán, en opinión da voceira de Traballo do Grupo Popular, que Galicia remate o ano 2008 cunha taxa de paro superior ao 13%, máis de tres puntos por riba do 8,6% que se rexistraba cando se produciu o cambio de Goberno. Os anuncios do conselleiro de Traballo tamén volven facer augas neste caso, xa que prometera deixar a taxa de paro, a 31 de decembro de 2008, catro puntos por debaixo das que deixara o PPdeG (10,57% no cuatro trimestre de 2004 e 8,6% no terceiro trimestre de 2005). Xa no mes de novembro, a taxa de paro registrado superou o 13%, dous puntos máis que a taxa de paro no último mes de novembro do Gobenro popular.
“Desde hai ano e medio imos de xeito galopante cara as taxas de paro de niveis históricos que nos deixou Solbes no ano 1985”, agregou.
Mato Otero foi debullando, na súa intervención, a sucesión de falsidades recollidas no discurso do conselleiro de Traballo con ocasión da presentación dos Orzamentos de 2009 dese departamento. Aínda que Ricardo Varela manipulou os datos para ofrecer unha panorámica máis positiva do mercado laboral galego, a deputada popular subliñou que, desde a chegada do Goberno bipartito, a media anual de afilacións á Seguridade Social se incrementou tan só en 13.000 novos afiliados, fronte aos 30.000 comprometidos. Os datos máis recetes sona índa peores, cun descenso de 9.700 afiliados en novembro e 11.000 menos que un ano antes.
A REALIDADE QUE A XUNTA OCULTA
Ademais, no último ano, o paro feminimo medrou un 8%; o paro xuvenil aumentou un 19% en novembro con respecto ao mes anterior; o 88% dos contratos asinados son temporais. Mentres, nos primeiros nove meses deste ano o número de vítimas mortais en accidentes laborais medrou en 8 persoas respecto ao mesmo período de 2007.
Malia a gravidade da situación, o bipartito “vai lanzando iniciativas sen ton nin son”, como o acordo pola competitividade, ignorado pola ala nacionalista da Xunta, ou o programa de limpeza electoral de cunetas. “Esta empanada mental de medidas é a solución desde Goberno ao problema dos galegos”, agrezou Mato Otero.
Así as cousas, Beatriz Mato confesou que “se por min fora, faría un gruño co presuposto, faría canastra na papeleira, e o volvería a elaboralo enteiro, de arriba a baixo, collendo todos os capítulos”, dado que, tal e como está plantexado, non responde á situación real da economía galega.
“Ante a envergadura desta crise, o que temos que esperar de un Goberno serio é que responda con responsabilidade, que administre os bens de todos os galegos con austeridade e con rigor; que aplique medidas que estimulen o crecemento da economía do país; que controle o gasto público (nada de mojitos ni coches de luxo); que baixe os impostos aos emprendedores; que baixe os impostos ás familias endebedadas; e que aplique as reformas económicas necesarias, con urxencia, se realmente queremos evitar que o ano que ven remate con outros 30.000 parados máis”, concluíu a deputada popular.