MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- Será desde as 12, este venres. O director xeral de Promoción do Emprego, Álvaro Ansias Bacelar, acompañado polo presidente do Padroado Municipal Beiramar de Moaña, Arturo González Pérez, e o alcalde de Moaña, Xosé Manuel Millán Otero, clausurará o obradoiro de emprego Reitoral de San Martiño. Esta iniciativa de emprego propiciou a formación de 32 persoas. O acto, no que tamén participará o delegado provincial de Traballo, Pedro Borrajo, terá lugar na Reitoral de San Martiño. (Barrio do Cruceiro).