VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio pérez Touriño, entrevistarase nos próximos días co presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, no Palacio da Moncloa. A celebración desta reunión acordouse en xornadas pasadas, durante unha conversa telefónica que mantiveron os dous presidentes.
Na entrevista que manterán este Nadal na Moncloa, Peréz Touriño e Rodríguez Zapatero abordarán en profundidade tres grandes cuestións. En primeiro lugar farán un seguimento das grandes infraestruturas que o Ministerio de Fomento realiza en Galicia, con atención preferente ás obras do tren de alta de velocidade. Ese seguimento corresponde á decisión adoptada no seu momento por ambos presidentes, para seguir conxuntamente o desenvolvemento dunha infraestrutura fundamental para Galicia.
En segundo lugar a entrevista entre ámbolos dous presidentes servirá para tentar pechar as bases do acordo sobre financiamento autonómico. Pérez Touriño transmitiralle ao presidente español os criterios que a Comunidade Autónoma defende: o de maior autonomía financeira, maior corresponsabilidade fiscal e a necesidade de atopar un importante grao de suficiencia financeira. Reclamará ademais que se teña en conta o avellentamento da poboación e a dispersión territorial.
Finalmente, Rodríguez Zapatero e Pérez Touriño aproveitarán a reunión da Moncloa para facer un balance xeral da lexislatura que agora finaliza en Galicia no tocante á cooperación entre a Xunta e o Goberno central.
Cuarto encontro de ambos mandatarios na Moncloa
Esta reunión será o cuarto encontro entre José Luís Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño no Palacio da Moncloa. A primeira ocasión na que ambos mandatarios se entrevistaron -desde que este foi investido presidente da Xunta de Galicia- foi o 31 de agosto de 2005. Nesa reunión, acadouse o acordo de que os orzamentos do Estado para 2006 fixeran un esforzo especial con Galicia, impulsando os proxectos estratéxicos pendentes na Comunidade Autónoma. Este compromiso tivo o seu reflexo nos Orzamentos Xerais do Estado para 2006, que recolleron un investimento en infraestruturas de 1.147 millóns de euros en Galicia, un 37,3% máis que o ano anterior, o que permitiu que a comunidade recibise máis do 8% do investimento territorializado do Estado.
Posteriormente, en febreiro de 2007, Pérez Touriño volveu reunirse con Rodríguez Zapatero no Palacio da Moncloa. Un encontro no que ambos presidentes tiveron a oportunidade de analizar diversos asuntos de interese para Galicia, como o AVE Vigo-Ourense; a situación dos estaleiros galegos; a cooperación en materia de incendios; o traspaso de competencias; ou o compromiso de que a Cidade da Cultura se convertera nun proxecto de Estado, ao tempo que se ratificaba o compromiso de seguir destinando a Galicia o 8% do investimento territorializado.
Finalmente, o 31 de xullo deste ano o presidente do Goberno e o titular da Xunta mantiveron unha xuntanza sobre o investimento do Estado na comunidade e, de maneira fundamental, sobre o proxecto estratéxico e decisivo para Galicia do tren de alta velocidade.
Pero ademais das xuntanzas no Palacio da Moncloa, Emilio Pérez Touriño e José Luis Rodríguez Zapatero tiveron a oportunidade de entrevistarse en cinco ocasións, sen contar os contactos mantidos no marco da II e III Conferencias de Presidentes e no dos cumios hispano-lusos de Évora (2005), Badaxoz (2006) e Braga (2008).