MOS (MORRAZO-tribuna).- Outro Mos é Posible, esa é a idea que pretende transmitir o Partido Popular de Mos a través dunha campaña informativa que comenza a andar paralelamente a acción do Goberno.
A Campaña apoiase inicialmente de tres vallas informativas, 2000 dípticos que serán repartidos nos próximos días, cuñas de radio e unha páxina web con dominio propio, www.facemos.org, e se é posible podería ampliarse á prensa.
O traballo de diseño da campaña é realizado directamente por afiliados e simpatizantes do PP de Mos de maneira altruista, que comenzan hoxe unha campaña explicativa das razóns polas que se levou a cabo a moción de censura en Mos, partindo de dúas bases esenciais, a primeira a situación de desgoberno que viviu Mos dende a última lexislatura e a posibilidade de construir un proxecto que satisfaga o maior número de veciños posible e baseado no programa presentado polo PP nas pasadas eleccións.
O máis importante da campaña é o “boca a boca” dos propios concelleiros, militantes do PP local e outros veciños que van dar a coñecer as multiples razóns en centos de exemplos o longo de todo o termo municipal. Nestas visitas a lugares e parroquias, os afiliados van recoller tamén de viva voz as suxerencias plantexadas polos veciños.
Ademais, foi elaborada un sinxela páxina web na que os veciños poden presenter suxerencias para resolver problemas existentes é, sobre todo, para mellorar Mos.
A Presidenta do PP de Mos e alcaldesa, Nidia Arévalo, cre que esta campaña serve para os veciños se autoidentifiquen con Mos, que non se autoexclúan do mesmo, xa que é un proxecto de Goberno que está pensado para todos e todas, e quen queira, independentemente da súa ideoloxía, pode participar.
A Campaña iníciase xustamente cando a acción do novo Goberno comenza xa a visualizarse coa presentación dos novos presupostos e os veciños xa perciben a vision do cambio.