24 diciembre 2008

Louzán califica de “bochornoso espectáculo o que está a dar o goberno galego co concurso eólico”

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, calificou hoxe de “bochornoso espectáculo o que está a dar o goberno galego co concurso eólico”, sinalou que “ninguén se explica como os dous socios da Xunta non pospoñen a decisión a favor da transparencia que dín enarbolar” e explicou que “a Deputación adoptou hoxe o acordo de integrarse, a través do ORAL, na Asociación nacional de municipios con instalación de enerxías renovables, e de implicarse na xestión dos recursos tributarios pola radicación de parques eólicos”.

A preguntas dos xornalistas, Louzán indicou, na rolda de prensa conseguinte á xunta de goberno, que o concurso eólico da Xunta era . Según él, a parte da Xunta gobernada polo BNG .
Na súa comparencia, explicou que o consello do ORAL, celebrado hoxe, acordou que a Deputación se integrase na Asociación Nacional de Municipios con Instalacións de Enerxías Renovables que acaba de constituirse co obxectivo de defender os intereses dos concellos que teñen no seu territorio algún tipo de instalación enerxética, como a eólica ou a solar.
En concreto, esta Asociación _integrada por 17 concellos de todo España (catro de Tarragona, tres de Valencia, dous de Zamora, dous de Guadalajara e un de Palencia, Asturias e Huelva) e os concellos que delegan a súa xestión tributaria na Deputación de Pontevedra (55)_ centran os seus esforzos, apoiada nunha recente sentenza do Supremo, en conseguir novos recursos económicos para os concellos a través da recadación de impostos, ben a través da actividade das instalación eólicas ou de bens inmobles de características especiais.
Demandas e aeroxeneradores
E demanda tamén que as empresas eólicas revirtan nos concellos onde esteñan instaladas parte dos beneficios que xeneran as súas instalacións.
A Asociación, da que foi elexido vicepresidente o alcalde de Lalín e vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Xosé Crespo, está pendente de aceptar o ingreso doutros concellos de Galicia, Sevilla, Barcelona e Murcia.
Na provincia de Pontevedra hai un total de 1.257 aeroxeneradores instalados en 30 concellos. Deles, 11 están en Caldas de Reis; 90 en A Cañiza; 11 en Catoira; 100 en A Lama; 18 en Agolada; 53 en Arbo; 53 en As Neves; 53 en Cerdedo; 97 en Cotobade; 156 en Covelo; 172 en Forcarei; 187 en Lalín; 53 en Mondariz; 80 en Rodeiro; 75 en Silleda; 37 en Vila de Cruces; e 11 de Vilagarcía de Arousa.
Unha recente sentenza do Tribunal Supremo obrigou ó Catastro a considerar os parques eólicos dentro dos BICES (Bens inmobles de categoría especial). Ata o de agora, este tipo de parques estaba cotizando ós concellos ó 0,40 pero, en base á ponencia que está a elaborar o Catastro e o ORAL pasarán a tributar, como mínimo, ó 1,5. Esto suporá que os concellos multiplicarán por catro os seus ingresos por este concepto.
A Deputación, a través do ORAL e da Asociación Nacional, demanda que as empresas eólicas tributen polo IBI en base á potencia instalada, e pide tamén que a porcentaxe que cobrará a Xunta a través do INEGA revirta nos concellos afectados.