SALVATERRA (MORRAZO-tribuna).- Para o BNG as obras de mellora no pavillón e no colexio son prioritarias e entendemos que se debe destinar unha parte do diñeiro do plan estatal de envestimento local para levar a cabo as obras demandadas pola ANPA e os pais.O Decreto Lei que regula o plan estatal de envestimento local fai mención que entre outras cousas se poden destinar “Construcción, adecuación, rehabilitación o mejora de edificios y equipamientos sociales, sanitarios, funerarios, educativos, culturales y deportivos.
"Co BNG na alcaldía esta situación non se produciría porque apostamos pola educación pública e apostamos polos nos nenos e nenas que son o futuro de Salvaterra.Para o BNG non nos serven as desculpas do alcalde Arturo Grandal, de se é ou non competencia do concello o arranxo das obras demandadas, pois recordámoslle ao señor alcalde que leva trinta anos na alcaldía e polo tanto é a súa responsabilidade e obrigación que o centro esté en perfectas condicións ou senón reclamarllo a Consellaría de Educación e esixirlles as obras necesarias como así o faría o BNG na alcaldía", explicaron os nacionalistas.
Recordar que o BNG solicitou do equipo de goberno que convocase un Pleno Extraordinario para tratar sobre as obras a incluír no plan estatal de investimentos local pois entendía e entende que esas obras debería ser consensuadas cos grupos políticos do concello e co movemento asociativo das parroquias.