MADRID (MORRAZO-tribuna).- O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, presidiron en Madrid a reunión da Comisión Mixta de Transferencias que fixo efectivo o traspaso a Galiza dun importante paquete de competencias que Quintana pactara co presidente do Goberno do Estado. Na reunión da Comisión Mixta, quedaron transferidas a Galiza competencias relevantes en materia de museos, bibliotecas, arquivos, becas ao estudo, saldo da débeda de superficie, instalacións patrimoniais e a inspección de traballo.
Quintana amosouse satisfeito por estas novas transferencias a Galiza. “Nós tiñamos o compromiso cos cidadáns de mellorar o autogoberno de Galiza e cumprimos”, asegurou. O vicepresidente galego destacou que o de hoxe é un paso moi importante nesta mellora do autogoberno, “tanto polo volume dos traspasos como polo seu carácter pioneiro”, xa que ademais de conter relevantes transferencias, converte ao noso país na primeira comunidade do Estado que ten transferidas cuestións coma os museos que pertencen á rede estatal, algo que nin Cataluña nin Euskadi teñen. Neste senso, considerou que “é unha boa mostra da descentralización e da interpretación compartida e construtiva que facemos da Constitución, unha boa contribución dende Galiza e dende o Estado á interpretación que demostra que este é un Estado plural”.
Entre outras cuestións, o vicepresidente puxo de relevo o feito de que, en virtude do asinado hoxe na Comisión Mixta de Transferencias, vai a ser propiedade de Galiza o Castelo de Monterrei. Quintana puxo como exemplo o traspaso do Castelo de Monjuic en Cataluña, que despois de moitas peripecias está aínda sen resolver, e felicitouse de que no caso de Galiza o Castelo de Monterrei sexa dende agora de titularidade da Xunta de Galicia.
Tamén destacou o vicepresidente o importante acordo logrado na Comisión Mixta no caso da Inspección de Traballo, unha cuestión complexa e cun ámbito de xestión complicado, que ata o de agora só teñen transferida Cataluña e dende hoxe Galiza. Nesta materia, o Anxo Quintana explicou que Galiza contará con determinados ámbitos competenciais, e outros quedarán en mans do Estado, acadando o noso país o maior nivel competencial en materia de inspección de traballo en todo o Estado, xunto con Cataluña.
Pola súa parte, a ministra Salgado sinalou asemade na súa intervención a importancia para Galiza deste paquete de traspasos no que se leva tempo traballando e que, segundo dixo, recibiu o impulso definitivo na negociación dos orzamentos, que puxo un prazo á consecución destes acordos.
A titular de Administracións Públicas aludiu ao aboamento a Galiza da débeda de superficie, de xeito que o Estado cede a súa participación na propiedade de varios inmobles. Son 5.803 metros cadrados en varios edificios nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra.
Así mesmo, quixo destacar o acordo en materia cultural, sobre todo no relativo a museos, arquivos e bibliotecas. Salientou que Galiza se converte agora nunha comunidade pioneira en adquirir a titularidade de museos, e concretou que este tema que desenvolverá en sendos reais decretos nos que está a traballar o Ministerio de Cultura.
Tamén falou do traspaso das becas e axudas ao estudo, da inspección de traballo e da cesión da titularidade de inmobles tan importantes como o castelo de Monterrei, ao respecto dos cales Salgado explicou que o director xeral de Patrimonio do Estado trasladou á Comisión o remate dos complicados traballos para reunir toda a documentación sobre a titularidade destes bens para que por fin se puidera facer efectiva hoxe a cesión.
Museos, arquivos e bibliotecas
Na Comisión Mixta de Transferencias celebrada hoxe en Madrid, Quintana e Salgado asinaron o traspaso a Galiza da Biblioteca Pública de A Coruña, a Biblioteca Pública de Lugo, a Biblioteca Pública de Ourense, a Biblioteca Pública de Pontevedra, e a novísima Biblioteca Pública de Santiago de Compostela. Ademais o Estado transfire a Galiza o museo de Belas Artes da Coruña, o museo do Castro de Viladonga, o museo Etnográfico do Cebreiro, o museo de Arqueolóxico Provincial de Ourense e o Museo de Artes e Costumes Populares de Ribadavia (“Casa Martín Vázquez”). Tamén se acordou o traspaso a Galiza, a pedimento da Xunta, do Museo das Peregrinacións, logo da aprobación do Real Decreto que aprobe e regule a Rede estatal de Museos, e que se fará efectivo no primeiro trimestre de 2009.
Patrimonio
No ámbito patrimonial, a Comisión Mixta de Transferencias supón a cesión da titularidade a Galiza de importantes enclaves para o noso país, coma a plena propiedade do castelo de Monterrei, as torres da Porqueira, as torres da Pena e a torre de Sandiás.
Tamén se traspasaron hoxe a Galiza os arquivos do Reino de Galicia (na Coruña) e máis os Arquivos Provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Inspección de traballo
En canto á Inspección de Traballo, o asinado hoxe en Madrid entre Quintana e Salgado colocará a Galiza ao mesmo nivel competencial que Cataluña, como as dúas comunidades do Estado con maior nivel competencial transferido nesta materia. Deste xeito, incrementaranse as competencias, funcións e participación da Xunta de Galiza na xestión da Inspección de Traballo, incrementarase a capacidade competencial mediante un meirande grao de coxestión na dirección e planificación da función inspectora e dos procesos de selección e formación dos funcionarios do Corpo de Inspectores de Traballo e do Corpo de Subinspectores de Emprego e Seguridade Social que presten os seus servizos no ámbito da Inspección de traballo en Galiza. Tamén se incrementará a capacidade competencial mediante a execución de todos os plans e programas de Inspección que a Xunta considere acaídos para desenvolver as súas competencias exclusivas en materia de execución da lexislación laboral.
Balance de lexislatura
En declaracións ao termo da xuntanza da Comisión Mixta de Transferencias, Quintana repasou o acadado nesta lexislatura en materia de traspasos competenciais, un balance que considerou “positivo, sobre todo en termos comparativos”. Así, lembrou que na última lexislatura do PP en Galiza fixéronse efectivos 8 traspasos por un importe de 10,7 millóns de euros, mentres que nesta, dende 2005 a 2008, téñense realizado 14 transferencias por importe de 56,9 millóns de euros e 428 postos de traballo. “En termos comparativos é evidente o seu carácter positivo e a importancia para a mellora substancial do autogoberno de Galiza”, sinalou. Malia isto, afirmou que “é necesario seguir camiñando, para o que sabemos e agardamos a colaboración do Estado de cara a continuar mellorando o noso autogoberno”. “Os pasos dados hoxe nos animan a seguir e a saber que estamos no bo camiño”, afirmou.
Preguntado polos medios de comunicación sobre se se estaba a cumprir o acordo ao que chegou co presidente Zapatero na negociación orzamentaria, Quintana admitiu que efectivamente este acordo estase a cumprir ao 100%, xa que constaba de catro apartados que teñen sido satisfeitos. Trátase da mellora do investimento do Estado en Galiza nos orzamentos de 2009, da mellora do financiamento para a aplicación Lei Dependencia en Galiza, da constitución da subcomisión de seguimento das infraestruturas do Estado no noso país, e da mellora do autogoberno hoxe efectivizada. “Temos cumprido, como todos sabíamos que iamos cumprir”, sentenzou.
Preguntado tamén sobre os próximos obxectivos nesta materia, sinalou que, rematada case a lexislatura en Galiza, “agora toca que falen os cidadáns”. “Galiza ten un reto para a próxima lexislatura que é un novo Estatuto, e para iso primeiro teremos que acadar un acordo en Galiza e despois saber que ese acordo ao que cheguemos teremos que dialogalo no ámbito estatal. É un gran reto pero primeiro teñen que falar os cidadáns”, sinalou.