22 diciembre 2008

124 personas asistidas y 90 accidentes de circulación en el fin de semana en Galicia

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 124 persoas debido a 90 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 19 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo, 21 de decembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 43 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 109 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 90 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 124 persoas.

A proporción de homes atendida foi do 65 por cento e a de mulleres do 35 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 15 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 19 anos, a porcentaxe chega ao 36 por cento se as idades dos accidentados observados vai dos 15 aos 29 anos.

Por provincias foi a de Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 42 sinistros durante os desprazamentos destas datas.