29 diciembre 2008

Para el PP es un escándalo que en horario infantil la TVG emita novelas que banalizan la violencia de género

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-Nuevo y duro ataque del PP al poder establecido, esta vez en la TVG. "A TVG está emitindo na franxa horaria de protección reforzada para a infancia unha telenovela, titulada Anxo Rebelde, que banaliza e frivoliza coa violencia de xénero, que cosifica á muller e cuios contidos son susceptibles de causar un perxuicio moral, mental ou físico aos menores. Así o denunciou hoxe o portavoz do Grupo Popular na Comisión Parlamentaria de Control da CRTVG, Diego Calvo, quen pediu a retirada inmediata da programación desta telenovela, que se emite de luns a venres entre as 6 e as 8 do serán".

O deputado do Grupo Popular pediu explicacións ao director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez; e tamén ao vicepresidente da Igualdade, e ao presidente da Xunta por permitir que a TVG emita en horario infantil, de protección reforzada, unha telenovela sexista, que denigra á muller e xustifica a violencia de xénero.
Segundo sinalou Diego Calvo, Benigno Sánchez, levou ao descrédito aos medios públicos de comunicación galegos, con informativos que manipulan e censuran e con programas que vulneran a lei de creación da CRTVG, que di que a programación dos medios públicos debe velar pola igualdade da muller e a protección da infancia.
A maioría dos días, o sector de público que máis ve Anxo Rebelde son menores de 12 anos. Así se reflicte nos datos oficiais de Sofres, que é a empresa de medición de audiencias para todas as televisións de España. Sofres fai a diario un estudio do target dos espectadores que ven cada programa. Segundo os seus datos. hai días en que o 55 por cento dos espectadores que ven Anxo Rebelde son menores de 12 anos.
Benigno Sánchez coñece estos datos, que a diario lle suministra a empresa Sofres, e non fixo nada, segundo destacou Diego Calvo.

INCUMPRE O CÓDIGO SOBRE CONTIDOS TELEVISIVOS
O deputado popular salientou que o Director Xeral da CRTVG está incumprindo o código de autorregulación sobre contidos televisivos e infancia, que ten como obxectivo á protección dos menores. A obriga de cumprir este código figura nun acordo suscrito pola CRTVG o 12 de xuño de 2006. O acordo foi asinado por María Teresa Fernández de la Vega, como Vicepresidenta Primera del Gobierno e Ministra de la Presidencia, e polo entón Ministro de Industria, José Montilla, con directivos da práctica totalidade dos medios públicos e privados de España.
Este código fixa uns criterios claros para a protección infancia, e establece, dentro do horario legal de protección de menores, unha franxa de protección reforzada para a infancia de luns a venres, de 17.00 a 20.00 horas. É de protección reforzada porque é cando os máis pequenos xa non están no colexio, pasan máis tempo fronte a televisión e nese tramo horario, o público infantil pode non dispoñer de control parental.
A TVG non emite pola tarde nin un só programa de información infantil ou xuvenil. Na súa parrilla de programación, pese a que a lei di que debe cumprir coa súa labor de servizo público, despreza á infancia e a xuventude.
CUMPRIR A RESOLUCIÓN DO VALEDOR DO POBO
Por outra banda, o deputado do Grupo Popular tamén pediu explicacións ao Director Xeral da CRTVG sobre as súas previsións para o cumprimento da resolución do Valedor do Pobo de data 20 de outubro, na que se aceptou a queixa presentada polo PPdeG contra a manipulación no tratamento informativo na TVG e se recomenda a canle pública que sexa plural, neutral e imparcial. O Valedor tivo que facer un segundo escrito (de 3 de diciembre) reclamando con urxencia as recomendaciones establecidas na súa resolución de 20 de outubro.
Na súa resolución de 20 de outubro de 2008, o Valedor lembra á Dirección da CRTVG “a obriga de manter “unha liña de obxectividade, pluralismo, e servizo ao pobo galego, incompatible con ningún tipo de partidismo”. Por iso, entende o Valedor que deben desenvolverse os criterios obxectivos de antena recollidos na lei de creación da CRTVG, “coa finalidade de establecer unhas pautas xerais de comportamento informativo, acordes co pluralismo político, relixioso, social, cultural e lingüístico, e que garantan a neutralidade informativo”.

O Valedor do Pobo sinala tamén que a información política institucional debe incorporar tanto noticias do gobierno como de la oposición. Asimismo información política de partidos debe guiarse polo criterio de la representación proporcional dos mismos

Na súa resolución, o Valedor suxire a reforma da lei de creación da CRTVG para “afortalar os instrumentos de garantía respecto da información institucional e política e o dereito de acceso dos grupos políticos e sociais aos medios de comunicación de titularidade pública; para garantir os principios de obxectividade e neutralidade política no tratamento tanto de información institucional como da política”; e tamén “para que se establezan uns criterios de acceso dos grupos políticos aos medios de comunicación de titularidade pública consontes cos principios mencionados, e máis de representación parlamentaria e implantación política no ámbito territorial de actuación”. Estos razonamentos están na liña da posición defendida polo PPdeG respecto á reforma da normativa dos medios públicos galegos.