29 diciembre 2008

El PP acusa a Touriño de ser embaucador y mentiroso, engañando al pueblo gallego con sus anuncios sobre el concurso eólico

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Duro, duro con Touriño, al que llama mentiroso esta tarde el PP gallego. "Só 6,61% da potencia eólica repartida pola ala nacionalista da Xunta corresponde a anteproxectos de repotenciamento, o que desautoriza á Consellería socialista de Medio Ambiente, que prioriza o repotenciamento dos parques xa existentes fronte á instalación de novos complexos". Y también : "O feito de que o 15,74% da potencia repartida estea fóra da planificación eólica en vigor evidencia, segundo o PPdeG, que houbo información privilexiada, condenando á Xunta a un “pleito histórico”"

Galicia continúa tendo un presidente ausente e que minte para ocultar que carece de autoridade sobre o Goberno. Pérez Touriño volveu mentir esta fin de semana, dado que o Consello da Xunta só poderá pronunciarse sobre os proxectos eólicos admitidos a trámite pola Consellería de Industria, sen marxe de manobra algún para corrixir as irregularidades da recente resolución do concurso eólico, segundo matizou esta mañá o voceiro de Enerxía do Grupo Popular, Ángel Bernardo Tahoces.

Nunha rolda de prensa celebrada no Parlamento de Galicia, Bernardo Tahoces, recordou que os 29 anteproxectos seleccionados supoñen que a implantación de 70 novos parques eólicos en Galicia, con arredor de 1.000 novos aeroxeneradores. Sorprende que deses 29 anteproxectos, só 8 sexan de repotenciación, sumando un total de 151,52 Mw, é dicir o 6,61% do total da potencia repartida.

Este feito contrasta cos obxectivos da Consellería (socialista) de Medio Ambiente, que no denominado documento de referencia para a avaliación ambiental estratéxica do plan sectorial eólico de Galicia, dispoñible en Internet, sinala textualmente que, no referido ao uso do solo, “primarase o repotenciamento dos parques xa existentes fronte a instalación de novos parques”.

INDUSTRIA DESAUTORIZA A MEDIO AMBIENTE

A realidade demostra, en opinión de Tahoces, que coa decisión da ala nacionalista do bipartito, o conselleiro de Medio Ambiente “queda completamente desautorizado con esta resolución, que soamente destina á repotenciación o 6,61% da potencia repartida”.

Recordou tamén o deputado popular que un total de 360,25 Mw dos seleccionados a pasada semana están fóra da Planificación Eólica vixente, o que equivale ao máis do 15,74% do total da potencia repartida. No suposto que estes parques eólicos non encaixen no futuro Plan Sectorial Eólico de Galicia, a Comunidade perdería esa potencia, cun recorte do beneficio anual bruto de 73,6 M€.

PLEITO HISTÓRICO

Tahoces apuntou que antes da publicación da Orde de convocatoria do concurso, “ninguén, no seu bo xuízo”, elaboraría un anteproxecto eólico en zonas fóra da planificación, porque a elaboración dos mesmos, ao menos, require medicións de vento durante un ano. Non obstante –agregou- diferentes empresas presentaron anteproxectos fóra de planificación.

“O dixen no Pleno deste Parlamento e o volvo a dicir agora: todo indica de houbo información privilexiada”, afirmou Tahoces, convencido de que este xeito de proceder crea unha notable inseguridade xurídica que conduce á xudicialización de todo o proceso.

“O conselleiro de Industria tramitou un concurso eólico histórico que desembocará nun preito histórico para a Xunta de Galicia”, rematou o deputado popular.