VIGO (MORRAZO-tribuna).- Segundo o Bloque Nacionalista Galego, o Plan Sectorial de Vivenda que traerá a Vigo a construción de 12000 vivendas protexidas e conta cun investimento de 435 millóns de euros entre 2009 e 2017, “é unha medida adoptada desde o goberno da Xunta de Galiza que pretende mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas e atender a necesidade que moitos deles teñen dunha vivenda a prezo asequíbel e de calidade”. Para a responsábel local do BNG de Vigo, María Alonso o plan significa para Vigo un urbanismo racional e pensado para a xente, con amplas zonas verdes, aparcamentos e novos equipamentos. Ademais de xerar actividade económica e favorecer o mantemento do emprego e a creación de novos postos de traballo, contribuíndo deste xeito a paliar os efectos da crise na que estamos inmersos. “En definitiva é unha medida que representa o cambio galego desde o 2005 que leva adiante o BNG desde a Xunta de Galiza e que por fortuna se vai aplicar tamén en Vigo”, subliña María Alonso.
A responsábel local do BNG de Vigo, María Alonso, recoñece que “se poden entender a oposición ao Plan de Vivenda de certos sectores e grupos económicos“, pero non obstante, sinala que resulta “incomprensíbel a oposición de Caballero a unha medida de política social que pretende facilitar vivenda a prezo asequíbel para a maioría dos vigueses e viguesas, e poñerse en contra dunha medida, non esquezamos, do goberno bipartito da Xunta de Galiza PSOE-BNG”. Os nacionalistas aseguran que o Plan de Vivenda que impulsa o BNG desde a Xunta de Galiza “ten unha ampla aceptación da maioría social á que se dirixe e, por iso, é lóxico que xenere preocupación no PP e no PSOE a poucos meses dunhas eleccións, pero o alcalde equivócase se cree que a maneira de defender os seus intereses de partido consiste en boicotear este plan de vivendas protexidas”.
María Alonso animou a Caballero “a guiarse pola responsabilidade e madurez política, antepoñendo os intereses dos 10.000 vigueses e viguesas que demandan vivenda asequíbel, aos intereses electorais do PSOE”. A responsable do BNG en Vigo expresou a sorpresa do BNG polo feito de que o alcalde da cidade “coincida co PP na súa estratexia contra o goberno da Xunta de Galiza”. Ademais, amosou a súa estrañeza porque “a posición de Caballero non coincide coa manifestada onte polo portavoz do PSOE, López Font, quen no Pleno apelou á unidade do goberno fronte ao PP”. Neste sentido, os nacionalistas animan ao PSOE e a Caballero “a aclarar as súas diferencias de criterio”, especialmente tendo en conta o expresado polo alcalde da cidade tras a xuntanza que mantivo o pasado 17 de xullo co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino, e o delegado provincial Eudosio Álvarez Álvarez. Mentres os responsables da Xunta amosaron o seu compromiso de construir 5.000 vivendas protexidas durante o próximo lustro, o acalde, nas súas declaracións sinalaba que o goberno local “proporá máis ámbitos que os previstos pola Xunta”.
María Alonso fixo ademais un chamamento ao alcalde para que “reflexione e traballe para unir en lugar de dividir ao goberno vigués, de dividir á sociedade viguesa e confrontar co goberno galego”. Para o BNG “a prepotencia, as amenazas e advertencias de recorrer aos tribunais non é o que queren os vigueses e viguesas, senón o diálogo e a cooperación que exercería un alcalde nacionalista na cidade”. Por último, os nacionalistas afirman que “en lugar de atacar e boicotear o Plan de Vivenda para Vigo sería moito máis positivo para os intereses da cidade que o PSOE e Caballero puxesen o mesmo empeño nos obxectivos que son da súa responsabilidade na Xunta de Galiza como é o caso da Área Metropolitana de Vigo, que cidadanía e institucións reclaman”.