18 diciembre 2008

Accidentes en Tomiño y Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de 15 accidentes de tráfico e outras 187 urxencias entre as 00:00 horas e as 14,00 horas de hoxe. Os máis salientables foron

-Ás 11:33, a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso de que unha persoa sufrira un accidente por caída dunha pola en VIGO (PONTEVEDRA), na estrada do CUVI. Para atender á vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada. Alí atenderon a unha muller de 72 anos, C.C.R.., cun traumatismo craneoencefálico. Logo dunha primeira valoración e asistencia médica foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

-Ás 12:01, a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso de que unha persoa sufrira unha caída dunha árbore en TOMIÑO (PONTEVEDRA), en Carregal de Abaixo, parroquia de Amorín. Para atender á vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial e ao médico de urxencias do Centro de Saúde de Tomiño. Alí atenderon a un home de 50 anos, A.S.M., policontusionado. Logo dunha primeira valoración e asistencia médica foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.