VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, presenta o Informe 2008, sobre o estado de saúde dos ríos galegos. No informe recollese o estado dos ríos galegos, froito das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos distintos grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das citadas inspeccións, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, e as actividades máis importantes realizados durante o ano 2008. O Informe anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacías a partir dos indicadores empregados polos participantes. A partires de hoxe poderase descarregar o informe da páxina web (www.proxectorios.org).
Durante os catro anos que leva de andaina o Proxecto Ríos os elementos mais salientables son: por unha banda, a consolidación do proxecto que pon de manifesto o interese que dende a cidadanía espertan os ecosistemas fluviais e un segundo elemento, o feito de que o proxecto ven a cubrir un baleiro existente na Galiza respecto á participación cidadá no ámbito fluvial tal e como se recolle na Directiva Marco da Auga (DMA). O Proxecto Ríos asume o compromiso de cubrir as posibilidades que se presentan na DMA. e comprométese a estender dinámicas.
Dende o ano de inicio do Proxecto Ríos, o número de participantes aumentou considerabelmente. Na actualidade contamos con 251 grupos. Cos resultados das inspeccións realizados polo voluntariado ambiental elaborouse un informe anual do estado dos ríos galegos.
As concas máis estudadas son as das Rías Baixas e a do Miño, que acadan entre ambas unha porcentaxe que ronda o 80% das inspeccións realizadas. A porcentaxe restante repártese entre as concas do Arco Ártabro e Fisterrá, as do Limia-Douro e as concas que verten ao mar Cantábrico.
En función dos datos recibidos, podemos afirmar que o estado de saúde dos treitos analizados no 2008 era bo maioritariamente tanto na campaña de primavera como outono(cun 51 e 58% respectivamente). Se observaron treitos con primeiros síntomas de deterioro, deficientes e incluso graves, porcentaxe que se incrementou respecto aos datos recollidos no informe 2007. Isto indícanos que os nosos ríos, en vez de ir cara unha melloría amosan unha regresión no seu estado de saúde. Estes datos vense constatados tamén polo estado de conservación do bosque de ribeira. Nas condicións das marxes dos ríos inspeccionados durante as dúas campañas, se aprecia un aumento das alteracións importantes que se equipara ou incluso superan ás que amosan un bosque de ribeira ben conservado. Nestas condicións, aínda e posible realizar unha rexeneración importante dos factores que causan a alteración e renovar a conexión cos espazos adxacentes e asegurar a continuidade do bosque de ribeira.
Os datos máis negativos, correspondéronse con tramos inspeccionados dos ríos Sar, Rois e Currás, cunha saúde deficiente na conca das Rías Baixas; tramos do Sil, Lonia e Forxá na conca do Miño, treitos do Magalofes, Mesoiro e Da Pedra na conca do Arco Ártabro e Fisterrá e do Limia ao seu paso pola localidade de Xinzo na conca do Limia e do Douro. Na Vertente Cantábrica as inspeccións realizadas en dous tramos do río Xunco, amosaron nun bo estado de saúde e noutro primeiros síntomas de contaminación.
En 2008 repetimos a colaboración co Ministerio de Medio Ambiente dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade. Desta volta o Campamento de Voluntariado Ambiental no río Tea adicouse a erradicación de especies exóticas invasoras. O encontro tivo lugar durante tres fins de semana do mes de outubro e para a realización destes traballos se elaborou un protocolo de actuación. Aos voluntarios se lles proporcionou o material apropiado (traxes e botas de auga, luvas e gafas de protección, ferramenta axeitada), así como un caderno divulgativo para o recoñecemento destas especies. Ademais cada participante contou cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. A iniciativa tivo moi boa acollida polas participantes e terá continuidade en anos vindeiros, no mes de maio realizarase unha saída de recoñecemento. No campamento participaron cerca de 90 persoas e se retirou máis dunha tonelada de 5 especies exóticas invasoras vexetais.