27 diciembre 2008

Retro-pala de ruedas para el parque de maquinaria de la Deputación

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación Provincial de Pontevedra ven de aprobar, na última Xunta de Goberno, o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do subministro dunha retro pala de rodas para o Parque de Maquinaria, por importe de 75.000 euros.

Das sete ofertas presentadas, a que a Mesa de Contratación da Deputación considerou máis vantaxosa economicamente resultou a que formulaba a empresa Comercial Custodio S.L., cun total de 6,247 puntos obtidos.
Deste xeito, o organismo provincial resolveu favorablemente conceder á devandita empresa a adxudicación provisional da contratación do vehículo, que a partir de agora disporá de quince días hábiles para presentar a documentación requirida.