PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e a vicepresidenta, Teresa Pedrosa, acudiron este mediodía ó asilo das Hermanitas dos Ancianos Desamparados de Pontevedra e os comedores de San Francisco, en Pontevedra, e ó comedor benéfico de Marín, para facer entrega de preto de 12.000 euros de axudas e bufandas e pasminas para os residentes.
O asilo das Hermanitas dos Ancianos Desamparados de Pontevedra, acolle na actualidade a 126 mulleres e 54 homes. A Deputación repartíu 180 bufandas e pasminas entre os beneficiarios do centro, ademais de preto de 7.000 euros que se destinarán a sufragar as actividades do mesmo.
Os comedores benéficos de San Francisco e Marín, que recibiron 2.500 e 2.000 euros respectivamente, acollen cada día a 90 comensais. Como agarimo de Nadal, a banda de gaitas “Os do Luns” acompañou ós residentes durante toda a visita.