22 diciembre 2008

Adelante el centro cultural de Cerdedo

CERDEDO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación Provincial de Pontevedra fixo pública a convocatoria, por procedemento aberto, da contratación das obras do Centro Cultural de Cerdedo, para as que estableceu un prazo de execución de catorce meses, e nas que se contará cun orzamento total de 1.262.310 euros.

Os interesados en obter documentación e información acerca das condicións poden facelo a través do Servizo de Contratación da Deputación ou ben mediante a páxina web do organismo provincial.

O prazo para a presentación de ofertas, que se recollerán nas sedes de Pontevedra e Vigo da Deputación, conclúe o vindeiro 16 de xaneiro. Unha vez concluído o prazo, as ofertas abriranse no Pazo Provincial da Deputación o mércores 21 de xaneiro, ás 10:00 horas.

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderanse os seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos; Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos; Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos.

Tamén se valorarán as melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 10 puntos; Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos; Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos; e Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos.