VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Santiago Roura Gómez, afirmou hoxe que o conflito no marco do convenio colectivo que rexe ao Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia é un problema “que pertence ás partes”, é dicir, aos propios traballadores e a MK Plan 21, a empresa adxudicataria deste servizo. A negociación das súas condicións laborais “forma parte do dereito á negociación colectiva” e este dereito non pode ser “furtado” pola Administración, asegurou en resposta a unha pregunta palamentaria na Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.
Neste sentido, ao referirse á inclusión do mecanismo da subrogación no convenio colectivo, o secretario xeral explicou que o que recoñece no convenio que se aplica neste momento é un mecanismo a través do cal se a nova empresa adxudicataria -distinta hipoteticamente da anterior-, precisara de novo persoal para facer fronte ao servizo que lle acabara de adxudicar, o 90% dos aspirante no proceso selectivo haberían de ser da empresa anterior. Por iso, no referente á inclusión desta subrogación nos pregos de contratación, asegurou que é unha cuestión que está sendo sometida “a análise e estudo” xa que o contrato remata o 31 de maio de 2009.
Así, precisou que a inclusión da subrogación nos pregos prantexa dúbidas debido a que a Xunta de Galicia non quere incorrer nunha “cesión ilegal de traballadores”, cuestión que dixo coñecer moi ben “porque desde o 2005 este Goberno está a sufrir as consecuencias de prácticas pouco depuradas e a Xunta, como Administración, foi condenada múltiples veces por cesión ilegal de traballadores por precisamente non por o coidado debido nestas cuestións”. En canto á natureza do contrato, dixo, a Consellería da que é secretario xeral procurará que “sempre se preste nas mellores condicións para os traballadores” porque vai sempre en beneficio dun servizo que “xa se presta cuns niveis de calidade axeitados”.
En relación a isto último, Gómez Roura aproveitou para lembrar que o servizo prestado polo centro de Atención ás Emerxencias 112 realízase “con satisfacción”, xa que o número de chamadas de emerxencias resulta “francamente importante”, cunha media de 160 mil chamadas cada mes. Ademais, tamén informou de que neste momento -con datos reais finais recollidos ata o mes de outubro-, o total de chamadas contabilizadas polo CAE 112 é de 1.600.000, que deron lugar a 138.407 incidencias; e de que o tempo medio de resposta en Galicia, de 2 segundos e 50 centésimas, é “sempre moi inferior” ao promedio, que é dun segundo máis.
Por último, comentou que existe un operativo “da propia Administración” con quendas de garda e atendido por expertos en materia de emerxencias que axudan aos teleoperadores que se atopen con dificultades ao respostar ao teléfono. Neste sentido, asegurou que este comportamento “!francamente positivo” que ten o 112 “non é casual” xa que se debe ao esforzo en investimento que desde o 2006 está a levar a Consellería de de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza na contratación deste servizo. Este investimento, dixo, que fixo pasar de 1. 332.000 euros no ano 2006 a 2.475.000 no actual, permitiu meloras como a actual suba salarial dos empregados e que no prego de prescricións técnicas especifiquense as horas prestadas por este sexan prestadas “no momento que máis se precisa”.