MOS (MORRAZO-tribuna).- Os grupos da oposición xa teñen dende o pasado venres o borrador dos presupostos de 2009 para o seu estudio. O proxecto ascende a oito millóns de euros e potencia servicios básicos para os veciños, como auga da traída pública ou alcantarillado, e conta co asociacionismo da localidade para levar a cabo os proxectos de Cultura e Deporte. Tamén promove o emprego e os servicios sociais a través de novos programas innovadores e imaxinativos que se irán desenvolvevendo paseniñamente, aplica o PP nunha nota. Ademais do presuposto, a Alcaldesa anuncia un plan de inversións de máis de sete millóns de euros, dos que forman parte os dous millóns determinados polo anterior goberno co Fondo do Estado e da que a asignación a obras, realizada días antes da toma de posesión do novo equipo, vai a ser respectada, aportacións do Concello e doutras administracións.
Con este plan, preténdese ademais de dotar ao municipio con servicios básicos, loitar contra o desemprego nunha zona especialmente sensible
Presuposto realista
A alcaldesa e presidenta local do PP, Nidia Arévalo, destacou que o presuposto de 2009 é un presuposto realista, no cal non se vai realizar ningunha operación de crédito e onde se reducen os ingresos á realidade de 2007 a excepción da previsión de licencias pola próxima posta en funcionamento do Polígono Empresarial de Mos.
Ademais disto, destaca especialmente o compromiso cos servicios básicos, auga e saneamento, que van acoller as máis importantes inversións, tanto do presuposto propiamente dito como do plan especial de inversións.
Outra das cuestións destacables do Presuposto son os servicios sociais coa posta en marcha de novos plans de igualdade ou voluntariado.
Con respecto a Deporte e Cultura, teráse moi en conta o movemento asociativo das distintas parroquias para preparar un plan vivo ao longo de todo o ano e de maneira inmediata crearáse o consello municipal de Cultura.
O presuposto será levado a pleno municipal despois do período de nadal, sendo a previsión do Goberno sometelo a consideración do Pleno o vindeiro día 12 de xaneiro.