VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, vén de rexistrar unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que demanda ao Ministerio de Interior que repoña o servizo de expedición e renovación do DNI nos municipios de Pazos de Borbén e Soutomaior.
Malestar dos veciños por un servizo que tiñan desde hai 8 anos
A deputada do BNG traslada ao Goberno o malestar dos veciños destes municipios pola supresión dun servizo que lles obrigará a trasladarse até Pontevedra ou Vigo para poder realizar estes trámites. Tratábase dun servizo que se realizaba unha vez ao mes cunha unidade móvil e que se viña prestando desde había oito anos.
Alude tamén a parlamentar nacionalista á moción aprobada nun pleno de Soutomaior na que se insta ao Ministerio de Interior a repór este servizo.
Davila pregunta a Interior por que razón se decidiu eliminar o servizo de expedición do DNI e faise eco do malestar que esta decisión xenerou nos municipios aludidos.