VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán visitou hoxe as instalacións interiores do novo Museo de Pontevedra. Concretamente supervisou o auditorio, onde xa están instaladas as butacas, o escenario e o sistema de audio. Esta novo espazo que ten capacidade para máis de 250 persoas “non solo será utilizado para actos do Museo senón que estará aberto á súa utilización por parte de colectivos da cidade ou da provincia”.
Así mesmo, visitou as salas de restauración que xa están funcionando, os almacéns de coleccións, as salas de mobiliario e montaxe e os almacéns de arqueoloxía que atesouran gravados rupestres de máis de 6.000 anos de antigüidade, son os máis antigos de Galicia.
A continuación o presidente, acompañado da vicepresidenta, Teresa Pedrosa, comprobou a marcha das obras de rehabilitación e reforma do edificio Sarmiento. O titular da administración provincial salientou a “mesura e respecto” co que se están a levar a cabo as obras de recuperación dun edificio emblemático.
Esta obra que, en verbas so presidente, estará rematada en cuestión de meses, será a máis importante da historia de Pontevedra e de Galicia e ó mesmo tempo apuntou que confía que os pontevedreses coñezan ou sexan os primeiros en coñecer a súa historia e por iso temos que concienciar do tesouro que temos aquí.
Colexios de Galicia
Por outra banda, Louzán anunciou que se está a preparar unha conexión cos colexios privados de toda Galicia para que durante o vindeiro curso escolar poidan ver as instalacións do Museo rematadas un total de 6.000 profesores e 65.000 alumnos. Neste senso compre recordar que os alumnos dos colexios públicos xa visitan as instalacións a través do programa
Con respecto ó financiamento da musealización e remate interior do Museo “remitímoslle un perconvenio ó Ministerio do que aínda non tivemos resposta”, afirmou Teresa Pedrosa. Non obstante, a vicepresidenta comentou que este organismo si consignou unha achega de 500.000 euros anuais nos orzamentos xerais do estado para este fin.
Así mesmo, Pedrosa Recordou que o orzamento necesario para o remate interior do edificio era cercano ós seis millóns de euros, non obstante, concretou que dentro deste orzamento prevíanse obras como o auditorio ou as salas de exposicións temporais que xa están executadas.
DATOS DAS OBRAS VISITADAS POR LOUZÁN NO MUSEO DE PONTEVEDRA
1.- O novo Museo de Pontevedra conta con 6 plantas de 1.150 m2 cada unha, cun total de 6.900 m2, dos que 4.600 son de exposición no Edificio de Pedra. No Edificio de Vidrio hai 600 m2 por planta e cinco plantas ademáis de 120m2 de superficie de enlace que, en total, suman 3.120m2. Conta tamén cunha sá de máquinas que se ubica no aproveitamento do baixo cuberta e dispón dunha superficie total de 800 m2.
• A esta superficie hai que sumarle a rúa que vai quedar aberta, a Plazoleta da Cultura, o Patio Inglés e o proxecto de recuperación da antiga muralla de Pontevedra con un Centro de Interpretación.
• O edificio, en conclusión, supera os 10.000 m2 de superficie nos que se instalaron 4600 m2 de madeira e 4.800 m2 de vidrio, coa la posibilidade de acceso público a 6.000 m2. A fachada perimetral, forrada en pedra transventilada, tén unha superficie de pedra dunhos 4000 m2.
2.- A nova Sá de Conferencias / Auditorio conta cun equipamento de 242 butacas nunha superficie de 600 m2 (34 m2 de escenario), e ten completada a súa instalación.
• O equipo audiovisual, que foi adxudicado en concurso e xa está rematado, dispón dunha insonorización na que está prevista a colocación de cortinas en todo o perímetro. Consta de pantallas de proxección de 5 metros, con proyector incluído para eventos audiovisuales como cine, proyección de documentales, etc. Está instalado tamén o equipamiento de luz e son de alta potencia, así como o servizo de traducción simultánea, a mesa de debates e a mesa de control e centro de control (esta só pendente da incorporación de sillas para os operadores). O piano do Museo instalaráse nesta sala, de tal xeito que o próximo concertó de piano a catro máns xa terá lugar aquí.
3.- O edificio número 6 visitado hoxe por Louzán xa está en uso ainda que os restauradores siguen a traballar nel.
4.- O Novo Museo tén un espazo adicado a almacéns e talleres de máis de 1.500 metros cadrados en dous niveis. Xa están equipados os almacéns de Arqueoloxía, na planta 2, nos que se dispón de dous almacéns equipados con armarios compactos e con estanterías reforzadas para soportar grandes cargas. Tamén están equipados os almacéns de obras de arte (1.000 metros cadrados de superficie) cos seus peines verticais para almacenar os cadros que acaban de rematarse. Estas dependencias poden ser visitadas ainda que o acceso está algo desordenado por estar as pezas e o material trasladado do Edificio Sarmiento.
5.- O percorrido realizado por Louzán comprendeu a entrada pola porta principal, a visita a exposición de Horacio Coppola; a baixada ó Auditorio polas escaleiras, previo paso polo Centro Control no descansillo das mesmas; a posterior baixada ó Patio de Butacas e ó esceario do Auditorio; un percorrido polo sótano ata a planta -2, onde está Arqueoloxía, e o novo equipamiento de compactos e archivadores; e, finalmente, a subida á planta -1 onde se ubican os talleres de restauración, en funcionamiento e coas cousas polo chán pero xa cos becarios e funcionarios traballando, e onde se atopan os Peines Verticais nos que se albergará a colección de cadros do Museo de Pontevedra.