27 febrero 2009

El conflicto de los afectados
del AVE sacude Redondela

O PP DE REDONDELA ESÍXELLE Ó GOBERNO LOCAL SOLUCIÓNS INMEDIATAS PARA OS AFECTADOS DAS OBRAS DO AVE
Os populares piden que se atendan as demandas dos veciños redondeláns para evitar chegar a situacións extremas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Partido Popular de Redondela reclama ó goberno local a urxencia de poñer solucións reais ó alcance dos afectados polas obras do AVE despois de estar durante meses realizando un seguimento dos inconvintes padecidos e chegando á conclusión de que “non se están realizando as actuacións necesarias para solucionar a delicada situación dos veciños que sofren diariamente os ruidos, o polvo e as intensas luces derivados da construción da infraestrutura”, explica a edil e candidata ao Parlamento Lorena López; “trátase dunha situación que leva tempo superando os límites do superable”, engade.

Dende a agrupación local aseguran que a obra está a afectar ás vivendas, ós pozos, á seguridad vial e á dos viandantes, “incluso algúns veciños afirman que a súa saúde resentiuse debido á falla de descanso derivada dos ruidos, polvos e luces”, sinala López, chegando á situación extrema de plantexarse o traslado de residencia.

Ante estas circunstancias, o Partido Popular esixe ó Concello de Redondela que se formulen medidas individualizadas para cada caso, respondendo ás demandas dos veciños, entre as que destacan a instalación de pantallas sonoras ou ventás que minimicen os impactos das obras.