19 febrero 2009

El PP de O Porriño conmemora 20 años

O PP DE O PORRIÑO FESTEXA O ENTROIDO CUNHA CEA-MITIN
-Coincidindo co 20 aniversario da súa Fundación, conmemorarase a diferentes exconcelleiros e farase un percorrido audiovisual pola historia do partido


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Partido Popular de O Porriño celebrará, mañá venres 20 de febreiro, unha cea-mitin á que asistirán: Ana Pastor, vicepresidenta segunda da Mesa do Congreso dos Deputados; Alfonso Rueda, secretario do PP en Galicia; Rafael Louzán, presidente do PP en Pontevedra e Manuel Carrera líder popular no Porriño.
Será ás 22.00 horas, no restaurante Manolo da mesma localidade, cando dará comezo esta cea-baile para festexar a chegada do entroido. O menú estará composto de lacón con grelos e orellas típicas destas datas, a un prezo de 12 euros; ademais as 600 persoas asistentes participarán no sorteo de diferentes agasallos.
Aproveitando a ocasión e coincidindo co vixésimo aniversario da Fundación do PP, farase un percorrido pola historia do partido no Porriño a través da proxección de vídeos, nos que se amosarán vellos tempos e momentos máis recentes. Asimesmo, faráselle un recoñecemento especial a todos aqueles ex-concelleiros que estiveron ao servicio dos porriñeses durante máis de dúas décadas.