Rematada a exposición pública de 2 meses a Xunta inicia a adquisición dos terreos
-Vivenda expón ao público o Parque Empresarial de Ponteareas
PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza somete a información pública o proxecto Sectorial e o Informe de Sostenibilidade Ambiental (ISA) do Parque Empresarial Val do Tea de Ponteareas.
A documentación estará exposta ao público durante dous meses no concello de Ponteareas e na Consellería de Vivenda e Solo e ademais pode consultarse na páxina web; conselleriavivenda.xunta.es, segundo informa Bolívar González.
Unha vez rematada a exposición pública conclúense os trámites que darán paso no segundo trimestre do ano 2009, á adquisición dos terreos, ben por mútuo acordo ou ben por expropiación.
Con esta actuación culmínanse dous anos de complexos traballos técnicos e administrativos pola inexistencia dun PXOM en Ponteareas ou que obrigou a Xunta de Galiza a actuar directamente a través da figura do Proxecto Sectorial.
Segundo González, o Parque Empresarial Val do Tea cun investimento duns 60 millóns de euros acollerá a 300 empresas, así como zonas verdes e equipamentos públicos.
Bolívar destacou que “se siguen dando todos os pasos que marca a lei na tramitación do parque empresarial, de tal maneira que as obras do parque empresarial Val do Tea se inicien neste ano 2009”.