21 febrero 2009

PP a la carga : "Touriño e Zapatero poderían encher 50 pavillóns deportivos cos máis de 200.000 parados existentes en Galicia "

-O PPdeG anima ao PSOE a seguir paseando a Zapatero por Galicia para comprobar que teñen a credibilidade polo chan
-Alfonso Rueda recorda que PSOE equivale a paro e despilfarro
-O PPdeG apunta que a paixón de Touriño polo luxo e a de Bermejo pola caza gratis total retratan o concepto socialista de austeridade en época de crise

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- El PP no ceja en su empeño de dejar al bipartito y especialmente a Pérez Touriño, a la altura del betún... Los ataques se suceden. Veamos el de esta tarde :
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anima ao candidato socialista a que continúe paseando a Zapatero por Galicia para comprobar ata que punto a credibilidade do PSOE está polo chan e, de paso, continuar visualizando ante os cidadáns que “PSOE equivale a paro e despilfarro, en Galicia e en España”.

O director de campaña dos populares galegos está convencido de que as incursións electorais de Zapatero en Galicia contribúen a visualizar a nula credibilidade das propostas socialistas, ao contrastar a crúeza da realidade económica do momento coas promesas de pleno emprego, e outras semellentes efectuadas por Zapatero e por Touriño hai catro anos, pero tamén máis recentemente, como cando negaban as evidencias de crise.

Agrega o secretario xeral do PPdeG que os máis de 200.000 parados galegos contabilizados polas estatísticas oficiais, e os mais máis de 90.000 desempregados que oculta a EPA, poderían encher 50 pavillóns deportivos como o que acolleu o acto electoral convocado hoxe por Touriño e Zapatero en Vigo.

PARALELISMO ENTRE TOURIÑO E BERMEJO

Rueda Valezuela recorda tamén o paralelismo existente entre o bipartito galego -no que o derroche se converteu en norma habitual, como acreditan os 7 millóns de euros gastados en caprichos como un coche oficial máis caro que o de Obama ou os 200.000 euros dedicados aos mobles do luxoso despacho oficial- e o Goberno de Zapatero, no que o ministro de Xustiza utiliza recursos públicos -como a finca de Quintos de Mora- como se se tratase do seu cortixo particular para dar renda solta, e gratis total, á súa paixón pola caza.

“Tanto Touriño como Bermejo compórtanse como dous virreis, derrochado e disfrutando dos recursos pagados cos impostos dos contribuíntes e negándose a dar a cara cando se lles reclaman explicacións polos seus excesos, mentres o número de parados medra sen cesar”, agrega Rueda Valenzuela, convencido de que estes dous comportamentos retratan perfectamente o concepto de austeridade dos socialistas.