A Alcaldesa logra que Escudero asine facturas pendentes por valor de 67.000 euros durante o pleno
-Tamén se aprobou unánimemente un recoñecenento extraxudicial de crédito que ascende a 630.000 euros necesarios para saldar a débeda de case 3 millóns de euros que deixou o anterior equipo de goberno
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentou hoxe durante o pleno ordinario da Corporación Municipal facturas por valor de 67.000 euros que a anterior rexedora local, María Jesús Escudero, deixou sen asinar. Arévalo logrou que Escudero se comprometese a asinalas, acción que executou durante o transcurso do propio pleno.
Na sesión plenaria desta mañá abordáronse tamén outros temas económicos como un recoñecemento extraxudicial de crédito de 630.000 euros para pagar débedas contraídas polo anterior equipo de goberno, e que foi aprobado por unanimidade. Con esta cantidade de diñeiro o Concello de Mos asumirá o pago de parte dos case 800.000 euros en facturas que o goberno previo deixou sen aprobar e, polo tanto, sen pagar.
A Alcaldesa lembrou tamén durante unha das súas intevencións que “ademais destes preto de 800.000 euros, os anteriores dirixentes municipais deixaron dous millóns e medio de euros en facturas aprobadas sen pagar: pagos estes que non se pudieron facer ben por falta de crédito orzamentario, ou ben porque as contratacións se realizaron sen o procedemento previo pertinente”. “Co que entre facturas aprobadas e sen aprobar, o anterior equipo de goberno quedou a deber case 3 millóns de euros que agora nós asumiremos responsablemente con cargo ó noso orzamento para 2009”, engadiu Nidia Arévalo. E é que o pasado día 16 deste mes, dende a Alcaldía xa se anunciou que, mediante unha operación de tesourería por valor dun millón de euros, o Concello asumiría parte do pago ós proveedores ós que se lle debían facturas xa aprobadas que ascenden ós 2,5 millóns de euros anteriormente citados. Agora destinaranse os 630.000 euros procedentes do recoñecemento extraxudicial de crédito a saldar parte da débeda de preto de 800.000 euros en facturas non aprobadas.