LICITACIÓN DA SENDA LITORAL E DAS OBRAS DO PLAN ZAPATERO
A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- O Boletín Oficial do Estado de hoxe, 27 de febreiro, publica a resolución do Ministerio de Medio Ambiente pola que se anuncia a licitación da Senda Litoral entre o porto da Guarda e a praia do Muíño, en Camposancos.
O orzamento da obra é de 4.062.410,68 euros e o prazo de execución de 12 meses.A data límite para a presentación de ofertas por parte das empresas que puideran estar interesadas remata o día 27 de marzo e a apertura de ofertas terá lugar o 29 de abril. Podemos pois afirmar que, en poucos meses, escomenzarán as obras.
Por outra banda, as obras do Fondo Estatal, tamén coñecido como Plan Zapatero, continuan coa súa tramitación. Todas elas están en fase de licitación polo que axiña empezarán a adxudicarse e executarse. As obras de dito Plan son as seguintes:
Remodelación da Alameda
Beirarrúas na Avenida de Buxán
Saneamento e pavimentación en pedra da rúa da Cal
Pavimentación en pedra do camiño do Couto (Camposancos)
Humanización da praza dos Seixiños (A Gándara)
Rede WIFI
Tellado club de remo Robaleira
Área Recreativa de Fedorento