26 febrero 2009
Rotundo éxito del plan de la Deputación para adquisición de vehículos para centros asistenciales y deportivos
Publicado por C&CdeGaliza en 26.2.09 Etiquetas: BUEU, CANGAS, MARIN, MOAÑA, RIAS BAIXASA entidade provincial, Caixanova e Citröen amplían a dotación económica do convenio do que se benefician 80 entidades asistenciais e deportivas
LOUZÁN COMUNÍCALLE A CINCO ENTIDADES DO MORRAZO QUE SON BENEFICIARIAS DO PLAN DA DEPUTACIÓN PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o representante de Caixanova, Javier Gómez Rivera; e o directivo de Citröen, Gonzalo Macías, comunicáronlles hoxe a 31 entidades asistenciais (serán 40 en total) e deportivas da provincia sen ánimo de lucro a súa inclusión na segunda fase do plan impulsado por esta institución para adquirir un vehículo para o transporte de persoas.
Segundo anunciou hoxe o presidente, a institución provincial entregaralles vehículos 3 asociacións da comarca de Louriña ; 4 entidades da comarca de Pontevedra; 2 entidades da comarca de Caldas; 4 entidades da comarca de Arousa; 3 entidades de Vigo; 4 entidades do baixo Miño e Val Miñor; 2 beneficiarios no Deza; 3 beneficiarios nas comarcas de Condado e Paradanta; 5 entidades do Morrazo.
Rafael Louzán destacou que con esta segunda fase “elevamos o orzamento da iniciativa a preto dos tres millóns de euros e conseguimos colaborar con 80 entidades de carácter social e deportivo da provincia e damos resposta a case a totalidade das peticións recibidas”. O presidente non descartou desenvolver no futuro máis colaboracións con Citröen e Caixanova para suplir as grandes demandas dos colectivos da provincia.
Pola súa banda, Javier Gómez Rivera salientou que “con esta iniciativa contribuímos a solventar os problemas de mobilidade de entidades sociais e deportivas”. Sobre este respecto destacou a encomiable labor que desenvolven tanto as institucións asistenciais sen ánimo de lucro, como os directivos que están ó fronte de clubs de base “que precisan todo o noso apoio para que poidan seguir desenvolvendo este traballo”.
Pola súa banda, o representante de Citröen, Gonzalo Macías, manifestou a satisfacción da empresa pola posta en marcha deste plan e comentou que en vista do éxito que tivo a iniciativa, “a empresa estará disposta a seguir mantendo colaboracións deste tipo”.
As entidades beneficiarias da segunda fase do plan son as seguintes:
• 3 asociacións da comarca de Louriña Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo do Amor (Aceesca); Casa Santa María da Esperanza Escravas da Virxe Dolorosa de Mos; e Asociación de Diminuídos físicos e psíquicos de Mos.
• 4 entidades da comarca de Pontevedra: Cruz Vermella; o Concello de Ponte Caldelas; Club Naval de Pontevedra; Fundación Camiño de Santiago.
• 2 entidades da comarca de Caldas: o Concello de Valga, o Concello de Pontecesures.
• 4 entidades da comarca de Arousa: concello de Vilanova de Arousa; Amegrove Club de Remo; Club de Remo Mecos; Club de Piragüismo Illa de Arousa.
• 3 entidades de Vigo: Federación Galega de Deportes de minusválidos físicos; Club Ciclista Vigués; e Real Club Náutico de Vigo.
• 4 entidades do baixo Miño e Val Miñor: Asociación Benéfico Social Esperanza de Valle Miñor de Nigrán; Club Ciclista Rías Baixas de Nigrán; o Concello de O Rosal; Club de Remo Robaleira de A Guarda.
• 2 beneficiarios no Deza: o Concello de Vila de Cruces ; o Concello de Lalín
• 3 beneficiarios Condado e Paradanta: Asociación de minusválidos AMICO de Salceda de Caselas; o Concello de Ponteareas; BTT Ponteareas Escola de Álvaro Pino.
• 5 entidades do Morrazo: Club ciclista de Bueu; Club do Mar de Bueu; Club Náutico Rodeira de Cangas; Club Mar Ría de Aldán de Cangas; Club Ciclista de Marín.