20 febrero 2009

5.000 mujeres participarán en los cursos "Pensa en Ti" que promueve la Deputación


A DEPUTACIÓN INICIA A CUARTA EDICIÓN DO PROGRAMA QUE DARÁ FORMACIÓN E LECER A PRETO DE 5.000 MULLERES DA PROVINCIA

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Preto de 5.000 mulleres de toda a provincia integradas en 300 asociacións participarán nos cursos organizados no marco do proxecto , promovido pola Deputación. Esta iniciativa, que este ano celebrará por cuarto ano consecutivo o organismo provincial, ten o obxectivo de potenciar os movementos de participación e cooperación social e, en concreto, concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, posibilitar o seu acceso a distintas áreas que lle permitan o seu desenvolvemento individual e grupal e, en xeral, fomentar e mellorar a situación das mulleres.

O titular do organismo provincial, Rafael Louzán, xunto coa deputada de Acción Social, Teresa Pedrosa, entregáronlles hoxe os cursos as representantes das asociacións participantes nun acto que tivo lugar no auditorio de Príncipe Felipe ó que asistiron medio millar de persoas.

As asociacións participantes terán acceso a un curso cada unha (300 cursos en total) e poderán escoller cadansúa actividade nun catálogo de 120 cursos englobados nas áreas de: Arte, Manualidades e Bricolaxe, Cultura Tradicional, Desenvolvemento Persoal e Saúde, Igualdade de Oportunidades ,Xestión, Música e Baile, e Área educativa e de Idiomas.

Actividades gratuítas

Así, no marco destas áreas desenvolveranse cursos patronaxe industrial, auxiliar de xeruatría, camareira de pisos, panadería e repostería, reparacións domésticas e bricolaxe, idiomas. Tamén de arte floral e flores secas, bailes de salón, tai chi, masaxe terapéutico, patchwork, pilates, entre outros.

Os cursos terán unha duración máxima de 30 horas, pretendendo levalos a cabo un ou dous días á semana. Facilitarémoslles ós beneficiarios o material didáctico do mesmo (fotocopias) e os aparellos necesarios para a realización dos mesmos.

Ó remate do acto, o presidente da Deputación fixo un resume de todos os programas sociais organizados pola institución provincial para o seu coñecemento por parte das asistentes entre os que destacou o programa de balnearios; os programas Pensa en Ti e Ti Tamén Contas; o mantemento de casas de acollida en Vigo e Pontevedra para mulleres mal tratadas; etc.

Así mesmo, puxo a disposición das asociacións instalacións como o Centro de Vacacións da Lanzada e de Príncipe Felipe, en concreto o Auditorio que acaba de ser totalmente remozado cun investimento de medio millón de euros, para que estas poidan utilizalo en calquera acto que pretendan organizar.

Louzán comentou neste senso que “os centros dependentes da Deputación son de todos os cidadáns da provincia e nós queremos poñelos á vosa disposición e enchelos de contido”.