24 febrero 2009

Subvención de Deputación a los Bomberos de Deza, Tabeirós-Terra de Montes

A DEPUTACIÓN SUBVENCIONA CON 99.814 EUROS OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS DO DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe aprobar unha achega de 99.814 euros para o Consorcio Contra Incendios e Salvamento do Deza e Tabeirós Terra de Montes.

Esta achega irá dirixida a sufragar os gastos de funcionamento correspondentes ó primeiro trimestre do ano 2009. As achegas para cubrir os gastos de funcionamento do consorcio corren a cargo da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial ó 50 %.

Compre destacar que os órganos de Goberno do consorcio aprobaron inicialmente un orzamento xeral para o 2009 de 798.517 euros dos cales a Deputación financiará o 50%, é dicir 399.258 euros.