A rehabiIitación do barrio da Tinería, eloxiada por Quintana, proxectada e presupostada por Feijóo na pasada Lexislatura do PPdeG
Rueda felicita a Quintana por recoñecer o acerto das políticas de rehabilitación do PPdeG
"Fronte á promesa de construir 25.000 vivendas protexidas, o bipartito remata a lexislatura cun rotundo fracaso e coa ameaza de expropiacións masivas"
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- "A piques de abandonar o Goberno, Quintana foi capaz de recoñecer, por fin, os acertos do PPdeG, como quedou de manifesto esta mañá en Lugo durante a visita que efecuou ao barrio da Tinería, cuia rehabilitación valorou con encendios eloxios", dixo un portavoz do PP esta tarde.
O proxecto técnico e o presuposto necesario para acometer a rehabilitación do barrio da Tinería foi obra do anterior Executivo galego do PPdeG, cando Feijóo era conselleiro de Política Territorial, segundo recorda o secretario xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda.
O acerto das políticas de vivenda do PPdeG contrasta do fracaso do bipatito neste ámbito xa que, despois de prometer a construción de 25.000 vivendas de protección nesta lexislatura, remata o seu mandato sen ter sido entregado as chaves de un só piso novo. Todos os entregados procedían da lexislatura anterior.
Pola contra, o bipartito deixa tras de si ameazas de expropiacións masivas de vivendas, xerando desconcerto e precupacion entre milleiros de propietarios. O fracaso do bipartito en materia de vivenda contrasta do programa de Feijóo, que propiciará a saída ao mercado (para adquisición, en condcions semellenates ou arrendamento con opción de compra) do amplo stock de vivendas libres -rematadas de construir, pero sen vender- que existen actualmente e Galicia.