PRINCIPAIS ACTUACIÓNS DE URXENCIAS SANITARIAS 061-GALICIA DURANTE A XORNADA DE HOXE, 17 DE FEBREIRO DE 2009 ATA AS 14.00 HORAS
-O servizo de xestión das urxencias extrahospitalarias que pagamos os galegos atendeu cinco accidentes de tráfico e outras 141 urxencias
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de cinco accidentes de tráfico e outras 141 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 141 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 279 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 12:14 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de TOMIÑO, na estrada de Tui a Garda. Para atender a vítima que caera dunha altura, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial e o médico de atención primaria, que logo dunha primeira valoración, trasladou a un varón, cun traumatismo craneoencefálico e de lombo, ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
-Ás 12:19 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral de VIGO, na baixada rúa Mestre Chané. Para atender as dúas vítimas que caeran dunha altura, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada e unha ambulancia asistencial. Logo dunha primeira valoración, a medicalizada trasladou a un varón de 39 anos, R.E.P.B., en estado grave, ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e a ambulancia asistencial a un varón de 39 anos, F.J.O.R., cun traumatismo craneoencefálico, a un centro privado de Vigo.