18 febrero 2009

Quintana arremete contra Feijoo : la campaña se recrucede

QUINTANA CUALIFICA A FEIJÓO DE “COBARDE” E ASEGURA QUE “É MÁIS FÁCIL MENTIR QUE DEBATER”

CARBALLO (MORRAZO-tribuna) .- O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou esta tarde nun mitin en Carballo, no que tamén interviron o alcalde, Evencio Ferrero, o candidato comarcal Xosé Regueira e a número dous pola Coruña, Ana Pontón.

O candidato nacionalista defendeu as medidas programáticas propostas polo nacionalismo como a creación dunha banca pública que garanta que os créditos cheguen ás familias e ás empresas e, neste sentido explicou que, “ao PP xa sei que isto da banca pública non lles gusta. Gústalles a banca das illas Caimán”.

Polo que o retou a que compareza no debate convocado pola TVG este venres, día 20 porque “os debates son un dereito fundamental dos cidadáns. Son eles os que teñen dereito a vernos debater e nós”. “A covardía é incompatíbel con alguén que quere ser presidente dun goberno”, concluíu.

“Temos unha obriga, a de ir”, dixo, “e por iso eu cumprindo esa obriga democrática en nome do BNG teño ido a todos os debates que se me teñen convocado e reafirmo hoxe en Carballo a miña disposición a ir a todos os que se me convoque sen-con-di- cións”.

“É maís fácil mentir que debater”, continuou, “destruír é fácil, o difícil é construír”.

O número un do Bloque iniciou a súa intervención pedindo o voto “para termos un país forte” e lembrou que o BNG ten unha vida dedicada á defensa de Galiza. Alí onde está o BNG a defensa dos intereses de Galiza está garantizada”.

O cartel do BNG dixo que a inmensa maioría dos cidadáns galegos, “nacionalistas ou non, aman ao seu país. A maioría poden situarse no espectro político un pouco máis a un lado ou outro pero todos eles queren que Galiza sexa forte. Énchenos un inmenso amor polo noso país no corazón de milleiros de galegos e galegas”, concluíu.

O candidato pedíu aos máis de 700 asistentes que convirtan o seu “amor por Galiza en compromiso co país” e lembrou que “o amor ten unha función: crear felicidade e cando pomos o noso amor ao servizo dos nosos concidadáns é cando o mundo avanza. Eu pídovos que utilicedes o voso amor por Galiza para que Galiza avance”, dixo.

Anxo Quintana puxo como exemplo o labor realizado nos anos 30 polo daquela presidente de México Lázaro Cárdenas, que nacionalizou as explotacións petrolíferas do país para que se beneficiasen os seus cidadáns e comparou este labor co decreto eólico e os beneficios que os galegos e galegas tirarán desta iniciativa que creará máis de 8.000 empregos a través dos proxectos empresariais asociados ás instalacións de novos parques.

“Seguindo o exemplo de Lázaro Cárdenas o BNG transformou e utilizou o seu amor por Galiza en beneficio para os cidadáns”, dixo.

Quintana aludíu na súa intervención tamén ao “símbolo que constitúe a selección nacional de fútbol de Galiza” e perguntouse por que “a este país se lle negan os símbolos, as ilusións que se lle recoñecen a outras nacións do mundo. Cando xoga a selección española de fútbol todos os xornais titulan que gañou España”, exemplificou, “porque é moeda común que os países utilicen as súas seleccións como símbolo nacional, símbolo do país. Por que todo o mundo di que gañou España e é un atentado identitario pedir que haxa selección galega e alegrarse de que gañe Galiza??”

“Só queremos ser galegos no mundo. Estamos orgullosos da nosa identidade. Estarmos orgullosos de nós mesmos, confiar nas nosas posibilidades é norma fundamental”, dixo.

O PP mente e difama para que a xente non vaia votar"


Pola súa parte, a candidata número dous do BNG pola Coruña, Ana Pontón, acusou ao PP de ser "un partido sen ideas, sen proxecto, por iso Feijóo non se atreve a debater con Quintana".

"Neta campaña -subliñou-, como non teñen nada que ofrecerlle aos galegos e galegas dedicanse a mentir e difamar con dous obxectivos claros: que a xente que non vaia votar pero tamén para esconder que non son un partido de xente honrada".

Ana Pontón tamén salientou que "nestas eleccións o BNG está a demostrar que hai alternativas, hai esperanzas para superar a crise económica, poñendo en marcha políticas que defendan os dereitos das maiorías sociais e aos nosos sectores produtivos".

"O BNG é a auténtica garantía para a mocidade galega"


Por úlitmo, a candidata do BNG acusou ao Partido Popular de "non ten credibilidade ningunha para pedir o apoio da mocidade porque cando estivo no Goberno o único que lle ofreceu foi paro e emigración".
"O BNG -afirmou- é unha aposta segura para que os mozos e mozas accedan a unha vivenda digna, traballo estábel, para que teñan futuro neste país."